Marea de Vigo presenta a súa lista electoral para gañar Vigo para a cidadanía

Publicado por o día 18/03/2015 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo presenta a súa lista electoral para gañar Vigo para a cidadanía

– Marea de Vigo presenta a súa candidatura saída do proceso de primarias abertas celebrada o pasado sábado 14 de Marzo no que concurriron 20 persoas.

A lista, según suliñou Rubén Pérez, candidato á alcaldía de Vigo, forma parte da realidade sociolóxica de Vigo, hai desempregados e desempregadas, activistas sociais, militantes de organizacións políticas de esquerda, investigadores universitarios, etc…

MAREA DE VIGO considera exemplar o proceso de participación nas primarias abertas o que, en palabras de Rubén Pérez, “supón que Marea de Vigo é o espazo político que se presenta ao proceso electoral do 24 de maio co aval dun maior número de persoas.

Marga López, no 2 da lista da MAREA DE VIGO explicou que a MAREA pretende ser un espacio de encontro aberto á cidadanía cun claro obxectivo de rexeneración política e de modificación das prácticas clientelares que son práctica habitual na realidade do noso concello.

Xose Luis Jácome lembro que a MAREA DE VIGO está chamada “a producir un renacemento ético, político e cultural, necesariamente superador do sistema capitalista e da xestións dos partidos corruptos e obedientes ás minorías privilexiadas”

Para a MAREA DE VIGO, estamos ás portas dunhas eleccións municipais que deben servir para lograr un cambio radical. Vigo está devalando nun proceso de frustrante decadencia.

PRENSA MAREA DE VIGO