Marea de Vigo presenta alegacions á Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUPP) do Porto de Vigo para erradicar os recheos na ría

Rubén Pérez: “De non facerse modificación algunha á DEUPP, continuaremos cos problemas medioambientais na Ría de Vigo que foron sistemáticamente denunciados por parte de colectivos ecoloxistas e do propio Instituto de Investigacións Mariñas, e continuarase cunha agresión ambiental a un ecosistema tan sensible e único como o que é a Ría de Vigo”.
Publicado por o día 15/12/2020 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo presenta alegacions á Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUPP) do Porto de Vigo para erradicar os recheos na ría

O Grupo municipal da Marea de Vigo denuncia, na súa alegación, que “a DEUPP que se expón inclúe varios proxectos de recheo en augas da Ría de Vigo, ecosistema único con unha alta produtividade marisqueira e cun sistema ambiental fráxil que pode ser afectado de maneira moi profunda polos máis de 200.000 metros cadrados de recheos proxectados na lámina de auga de afección portuaria” traslada Rubén Pérez, voceiro do Grupo. A petición tamén inclúe o proxecto actualmente iniciado, “un recheo de máis de 8.300 metros cadrados da chaira anexa ao porto pesqueiro que consistirá na adición de bloques prefabricados e unha dragaxe para aumentar calado ata os 8,5 metros” engade Pérez.

Marea de Vigo pretende a erradicación especialmente do proxecto de ampliación da terminal RO- RO de Bouzas, proxecto que pretende gañar ata 65,000 m2 en superficie e máis de 1.300 metros de atracada cun espigón novo “que sobresairá máis de 70 metros sobre o dique e que se expón como un recheo simple, sen o estudo dun sistema de pilotes que permitise eventualmente non interromper as correntes mariñas existentes” matiza Rubén Pérez.

Segundo a Marea de Vigo, “os proxectos de recheo proxectados poden alterar de maneira profunda a fisionomía da Ría de Vigo, poñendo en perigo as correntes mariñas absolutamente centrais na renovación de augas no interno da mesma, así coma os recursos e nutrientes que permiten a actividade marisqueira”. En numerosas ocasions, científicos da Universidade de Vigo, do Instituto de Investigacións Mariñas (dependente do CSIC) e mesmo do Instituto Español de Oceanografía alertaron da xeración de lodos na ría procedentes de actuacións de recheo e mesmo dragaxes previas.

A alegación solicita que “se inste á Autoridade Portuaria de Vigo a realizar unha modificación da proposta actual de DELIMITACIÓN DE ESPAZOS E USOS PORTUARIOS do Porto de Vigo para a exclusión de calquera proxecto de recheo na zona de auga da zona de servizo do Porto de Vigo así como un reordenamento lóxico e acorde coas prioridades portuarias de todas as instalacións portuarias existentes ( incluída a propia PLISAN) para evitar usos inadecuados ou ociosos e analogamente evitar novos recheos”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.