O grupo municipal da Marea de Vigo considera que os orzamentos presentados polo goberno municipal para o 2016 carecen de resposta social que palie as políticas regresivas nos orzamentos que se están a debater no parlamento galego e se aprobaron no congreso dos deputados.
Para a Marea de Vigo, a proposta de orzamentos presentada polo goberno municipal, parte da base da existencia dunha recuperación económica que non é tal, partindo dos datos reais sobre exclusión social e precariedade laboral causados pola crise económica e moitas das medidas adoptadas ó respecto; e polo tanto, a Marea de Vigo considera un erro o priorizar gastos superfluos basicamente ornamentais ou mesmo as amortizacións rápidas da débeda sobre inversión en política social e en emprego.
Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo, denuncia tamén a hipocrisía deste goberno municipal cando se vangloria dos orzamentos en acción social cando o que fai é exactamente un cambio de nome nas partidas nas axudas ás familias sen incrementar nin un só euro nas mesmas.
Do mesmo xeito, desde o Grupo Municipal da Marea de Vigo, se fai unha crítica ó modo no que se xestionó a elaboración dos orzamentos, sen a participación da veciñanza e o seu tecido asociativo na elaboración dos mesmos, sendo estes os axentes máis achegados á realidade dos e das viguesas e polo tanto, os actores fundamentais para a elaboración da proposta máis axeitada para a cidade, e polo tanto, o Grupo Municipal da Marea, tras escoitar e recoller suxestións de cidadáns e colectivos da cidade, presentará propostas ou alegacións parciais a aplicacións orzamentarias concretas.
PRENSA MAREA DE VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.