Marea de Vigo presentou onte a súa candidatura n Farola de Urzáiz

Marea recolle propostas para o seu programa electoral
Publicado por o día 07/05/2019 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo presentou onte a súa candidatura na Farol de Urzáiz nun acto que serviu para dar a coñecer as súas propostas á cidadanía e tamén para escoitar as ideas dos vigueses que acudiron ao encontro. O obxectivo, tal e como afirmou o candidato á Alcaldía, Rubén Pérez, era “recoller propostas da xente para incluílas no noso programa electoral”.

Marea exporá unha campaña diferente, fuxindo dos tradicionais mitins e apostando polos actos con cidadáns e colectivos sociais para poñer en común ideas e proxectos de cidade. O lema elixido para a campaña electoral é Polo ben común.

Os eixos fundamentais do programa da Marea de Vigo serán o urbanismo (a formación votará en contra da ordenación provisional), a remunicipalización de concesións, como a da auga ou o transporte urbano, e fomentar “a democracia”.

Una respuesta para "Marea de Vigo presentou onte a súa candidatura n Farola de Urzáiz"