Marea de Vigo propón que os concellos da Área Metropolitana compartan a xestión de servizos como o ciclo da auga ou o transporte público nun modelo mais xusto de urbanismo e ordenación do territorio

As candidaturas de unidade popular de toda a bisbarra reuníronse hoxe para discutir sobre o mellor modelo de organización para a Área Metropolitana que teña en conta os intereses das persoas e non provoque desigualdades.
Publicado por o día 16/05/2019 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo propón que os concellos da Área Metropolitana compartan a xestión de servizos como o ciclo da auga ou o transporte público nun modelo mais xusto de urbanismo e ordenación do territorio

As candidaturas de unidade popular de toda a bisbarra reuníronse hoxe para discutir sobre o mellor modelo de organización para a Área Metropolitana que teña en conta os intereses das persoas e non provoque desigualdades.

Vigo comparte unha unidade territorial cos municipios da súa bisbarra e é necesario que esta realidade sexa reflectida dun xeito xusto no proceso de creación da Área Metropolitana. A veciñanza comparte, por exemplo, hospital, auga ou necesidades de tranporte público.

A Área Metropolitana debe crearse de acordo con criterios de xustiza social e solidariedade, e concentrar competencias cedidas polos concellos, pero tamén pola Deputación Provincial, pola Xunta de Galicia e pola Administración do Estado.

Para falar destas necesidades, esta tarde reuníronse en Vigo representacións das candidaturas de unidade popular dos concellos de Baiona, Cangas, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Redondela e Vigo, para deixar clara a súa vontade de colaboración na construcción dun novo modelo de organización territorial.

O candidato á Alcaldía da Marea de Vigo, Rubén Pérez, manifestou que a proposta dunha maior participación da cidadanía nos procesos de toma de decisións aplícase tamén ao espazo supra municipal. Rubén Pérez lembrou “as necesidades comúns de movilidade en desprazamentos para traballar, para realizar xestións administrativas ou para ir ao hospital”. Por iso defendeu un transporte metropolitano público e axeitado a estas necesidades.
Pola súa banda, o candidato número tres e secretario xeral de Podemos en Vigo, Xaquín Pastoriza, defendeu a xestión conxunta do ben común. Referiuse en concreto ao ciclo da auga, que inclúe os servizos públicos de subministro e saneamento, e dixo que “a xestión da auga debe ser recuperada pola cidadanía a traverso de re-municipalizacións, e debe facerse con criterios de xustiza social e solidariedade”.

 

Estela Miller, candidata número catro da Marea de Vigo destacou que a xestión da Área Metropolitana debe atender “a todo o que afecte aos intereses comúns da veciñanza, para que teñan os mesmos dereitos e obrigas independentemente do lugar da Área onde residan”.

Na xuntanza participaron Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas e candidato á alcaldía por ACE; Pedro Ocampo, concelleiro e candidato á alcaldía de Porriño por EU Son do Porriño; José Cuevas, concelleiro e candidato á alcaldía de Nigrán por Nigrán Decide; Eli Suárez, concelleira e candidata á alcaldía de Gondomar por CABE Gondomar Concello Aberto; Cristóbal López Pazo, candidato de GañaMós ao concello de Mos; Martín Silva, de Unidas Podemos Baiona e unha representación de Unidas Podemos Redondela. Por parte da Marea de Vigo acudiu o candidato á Alcaldía, Rubén Pérez, acompañado por unha representación da candidatura.

 

Una respuesta para "Marea de Vigo propón que os concellos da Área Metropolitana compartan a xestión de servizos como o ciclo da auga ou o transporte público nun modelo mais xusto de urbanismo e ordenación do territorio"

  1. Gamela   17/05/2019 at 7:18

    Cando se minte tanto como Rubén e se argallan listas e se elixen tempos imposibles que impiden calquera debate coa cidadanía, as cousas nunca saen ben…

    Aínda estamos agardando o Programa da Marea de Vigo non basta con abrir páxinas web que ninguén xestiona para dicir que estamos sendo democráticos e participativos…

    http://www.mareadevigo.org/programavivo/propuesta.php?id=192

    A cidadanía de Vigo non merece tanta prepotencia nin do alcalde nin da “oposición” !

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.