Rubén Pérez: “Empark-Dornier é unha das concesionarias sobre as que imos estar absolutamente vixiantes en canto ao cumprimento en todos os ámbitos e materias, coma o laboral ou no propio regulamento do aparcadoiro, así como sobre as melloras ofertadas no momento da licitación ou calquera cuestión arredor deste contrato”.
A piques de rematar a obra do aparcadoiro da Praza de Portugal, o grupo municipal da Marea de Vigo expresa a súa preocupación sobre a xestión do mesmo por parte de Empark-Dornier, “dados os graves e xa coñecidos incumprimentos en materia laboral da empresa concesionaria”, tratándose esta da mesma empresa que posúe o contrato da Xestión do Aparcadoiro Regulado (Zona Azul), servizo que na actualidade se atopa nunha situación de conflito laboral e cunha folga indefinida enriba da mesa a causa do despedimento de 8 traballadores, feito que, segundo a Marea de Vigo, “alén do conflito laboral e da persecución sindical denunciada por parte da representación sindical, supón tamén un flagrante incumprimento dos pregos de condicións ao non manter o persoal asociado ao servizo”.
Segundo a Marea de Vigo, neste momento, coa reapertura do aparcadoiro da Praza de Portugal “o primeiro que se debería facer é darlle percorrido ao acordo plenario de decembro do 2015, no que o Pleno por unanimidade aprobaba a subrogación do persoal asociado ao propio aparcadoiro con independencia do tempo que pasara, e no mesmo que o propio alcalde do PSOE, Abel Caballero, expresaba, á hora de aclarar o dictame final, que ‘o prazo temporal non vai a ser causa de extinción do dereito de subrogación’ por tanto, pedímoslle ao goberno de Abel Caballero coherencia e rigorosidade á hora de cumprir os compromisos asumidos no que é o máximo órgano de expresión da democracia na nosa cidade” engade Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.