Marea de Vigo reitera a necesidade de tomar medidas de seguridade na grada de marcador do estadio de Balaídos ante os reiterados desprendementos.

Rubén Pérez: “O denunciábamos a semana pasada co desactualizado e incumprido Plan de Emerxencias Municipal, o denunciamos en repetidas ocasións en relación ao accidente de ‘O Marisquiño’, e hoxe volvemos a denuncialo en referencia á situación do estadio de Balaídos. O Goberno de Abel Caballero ten importantes eivas con respecto á seguridade”.
Publicado por o día 11/03/2019 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Rubén Pérez: “O denunciábamos a semana pasada co desactualizado e incumprido Plan de Emerxencias Municipal, o denunciamos en repetidas ocasións en relación ao accidente de ‘O Marisquiño’, e hoxe volvemos a denuncialo en referencia á situación do estadio de Balaídos. O Goberno de Abel Caballero ten importantes eivas con respecto á seguridade”.

En decembro do pasado ano, varias persoas aficionadas ao RC Celta e o propio Club, denunciaron o estado da grada de Marcador tras varios desprendementos de cascotes, mais o Goberno local, ademais de trasladar un informe no que se afirmaba que non existía perigo algún, non realizou ningún tipo de acción correctora sobre a infraestrutura. “Naquela altura a Marea de Vigo pediu xa o peche preventivo da grada de Marcador ata que non existisen garantías de total seguridade. Hoxe, vemos como outra vez as e os aficionados volven a denunciar os desprendementos” recalca Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo.

“Este Goberno municipal non é rigoroso en materia de seguridade e a súa actitude xa é un despropósito cara á veciñanza viguesa. O denunciábamos a semana pasada co desactualizado e incumprido Plan de Emerxencias Municipal, o denunciamos en repetidas ocasións en relación ao accidente de ‘O Marisquiño’ e o esperpéntico espectáculo ofrecido polas diferentes administracións depositándose entre elas as responsabilidades en materia de seguridade sobre o espazo, e hoxe volvemos a denuncialo en referencia á situación do estadio de Balaídos. Cada vez que hai unha nova denuncia cidadá sobre unha infraestrutura nesta cidade, o Goberno municipal limítase a remitirse a un informe técnico que dirá que todo está perfecto. Fíxoo en decembro, e tres meses despois, seguimos igual. A grada debe estar pechada e as persoas que acuden á mesma deben ser redistribuídas en lugares que sexan seguros” matiza Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal.

Marea de Vigo insiste en que a reforma de Balaídos tiña que ser acometida polo Concello de Vigo, ao ser unha infraestrutura municipal, e, posteriormente, o Real Club Celta pagar un convenio co canon correspondente e xusto coa veciñanza viguesa. “Mais, tras anos de darlle voltas á reforma e a un suposto novo convenio, todo segue igual” conclúe Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo.

Una respuesta para "Marea de Vigo reitera a necesidade de tomar medidas de seguridade na grada de marcador do estadio de Balaídos ante os reiterados desprendementos."