Marea de Vigo rexistra unha moción de solicitude de creación da Comisión Especial de Investigación sobre procesos xudiciais abertos

Publicado por o día 02/07/2015 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo rexistra unha moción de solicitude de creación da Comisión Especial de Investigación sobre procesos xudiciais abertos

– A MOCIÓN ACÓLLESE A EXISTENCIA DE COMISIÓNS SEMELLANTES EN MOITOS CONCELLOS ONDE ESTÁN ABERTOS CASOS XUDICIAIS SEMELLANTES.

A MAREA DE VIGO lembra que o ARTIGO 51 do regulamento orgánico do pleno do Concello de Vigo permite por solicitude dun grupo municipal ou do alcalde a constitución de COMISIÓNS ESPECIAIS que permitan constituír, en calquera momento, para un asunto concreto cos fins de estudo, elaboración de propostas ou outros de natureza análoga, co ámbito de actuación que se estableza no seu acordo de creación.”

Para a MAREA DE VIGO non pode darse unha situación de oscurantismo no pleno de situacións como as vividas no Concello en datas recentes, cando os xulgados de instrucción nº 7 e o número 1 iniciaron sendas operacións de investigación sobre presuntos delitos de contratación ilícita que significaron que a UNIDADE CONTRA O CRIMEN ORGANIZADO (UDYCO) realizara rexistros en dependencias municipais e incautara unha gran cantidade de documentación sobre contratos con empresas de servizos.

Para a MAREA DE VIGO, a día de hoxe, o pleno descoñece que documentación foi requisada, de que departamentos, que información contiña e cales son as bases da imputación dun concelleiro desta corporación neste proceso xudicial.

A moción rexistrada insta á constitución no pleno do Concello dunha comisión especial de investigación sobre os procesos xudiciais abertos que teñen relación con concellerías e departamentos municipais.

PRENSA MAREA DE VIGO