Marea de Vigo rexistra unha moción en rexeitamento ao proxecto de reapertura da explotación mineira cobre San Rafael S.L. sita nos concellos de Touro eo Pino

Marga L. Barreiro: “É importante que a cidadanía sexa consciente do que supón este proxecto, polo que animámola á participación na mobilización que terá lugar este domingo 10 de xuño en Santiago de Compostela.”
Por o 08/06/2018 | Sección: Marea Vigo,Política
Marea de Vigo rexistra unha moción en rexeitamento ao proxecto de reapertura da explotación mineira cobre San Rafael S.L. sita nos concellos de Touro eo Pino
Compartir en:

O pasado 25 de agosto saíu a exposición pública o proxecto de reapertura da explotación da mina para a extracción de cobre nos concellos de Touro e O Pino, presentado pola empresa Cobre San Rafael S.L. Este novo proxecto pretende seguir explotando os mesmos xacementos abandonados do ano 1986no que ademais existe a intencionalidade de ampliación puidendo chegar aos 122 km2 de extensión.

Marea de Vigo rexistra esta moción, que xa foi presentada e aprobada en varios concellos galegos, para, segundo a concelleira Marga L. Barreiro, “amosar o seu rexeitamento a un proxecto cuxas consecuencias son devastadoras para o medio ambiente, a saúde, as explotacións gandeiras e forestais, así como a economía local xerada a través dun sector estratéxico como é o mar para lugares como a ría de Arousa, sitio onde o impacto sería máis destrutivo”. Polo tanto, e segundo os acordos expostos na moción, desde a Marea de Vigo se insta ás diferentes Consellerías implicadas no desenvolvemento do proxecto á “emisión de informes negativos tal e como procede polas las consecuencias negativas descritas en todas as alegacións de entidades e particulares que se presentaron e así se desestime a autorización administrativa á actualización do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación” .

Isto non afectará só aos concellos de Touro e O Pino, senón que as persoas que pretendan vivir entre 15 e 30 km á redonda veranse afectadas, dun xeito directo, polas consecuencias da actividade mineira que se pretende realizar. Despois dos 15 anos de actividade que se están a barallar para a concesión, será imposible recuperar ese espazo natural, tal e como aconteceu coa antiga mina tras a devastación producida. É preciso non só coidar senón non destruír a nosa natureza, onde vivimos, o que nos aporta gran parte do que precisamos para vivir e nos permite respirar” explica Marga L. Barreiro.

Diversos colectivos e plataformas cidadás, como a “Plataforma Veciñal Mina de Touro O Pino Non”, a “Plataforma en Defensa da Ría de Arousa”, sectores do mar de Arousa, a “Sociedade Galega de Historia Natural” ou a “Federación Ecoloxista Galega” teñen presentado alegacións nas cales queda moi patente o forte impacto negativo e as incalculables consecuencias que este proxecto ten sobre a natureza, a saúde, a economía e a sociedade, mesmo existe un informe do propio Concello de Touro sobre as afectacións do proxecto no que se evidencian os efectos que tería sobre o hábitat, a auga, a poboación e mesmo elementos de patrimonio cultural.

Marea de Vigo tamén pide no texto da moción que, ademais da retirada do proxecto, se leve a cabo unha completa restauración da antiga mina, para eliminar os focos de contaminación que aínda hoxe en día seguen a contaminar os afluentes do Ulla e que rematan na ría de Arousa.