Marea de Vigo sumarase a unha coalición instrumental para colaborar nos espazos políticos supraminicipais

Publicado por o día 06/04/2015 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo sumarase a unha coalición instrumental para colaborar nos espazos políticos supraminicipais

– A V Asamblea Xeral da Marea de Vigo ratificou a lista definitiva de 27 nomes máis suplentes que conformarán a proposta de candidatura da Marea que concorrerá baixo a fórmula de partido instrumental coaligado provincialmente con outros partidos e espazos municipalistas que están a configurarse ná área metropolitana de Vigo.

Rubén Pérez, cabeza de lista da Marea de Vigo, considera “decisivo” este paso dado pola MAREA DE VIGO para vencer tamén ao PP na deputación, instrumento cadudo e que está a desenvolver unha “sistemática demolición da autonomía local, convertindo aos concellos en simples xestores administrativos”. Rubén Pérez presentou na asemblea xeral da Marea de Vigo a proposta de coalición instrumental e suliñou que temas como o transporte, a recollida de RSU, a auga, etc… teñen unha dimensión supramunicipal e que defender a súa remunicipación require de alianzas amplas máis aló do ámbito de Vigo.

Na Asemblea Xeral, celebrada o pasado mércores en Vigo, Marga López no 2 da candidatura Marea de Vigo, presentou a proposta final de candidatura na que figuran os 21 nomes saídos do proceso de primarias abertas celebradas o pasado 14 de marzo así como as propostas de consenso que se incorporaron posteriormente de xente de diversos ámbitos da militancia asociativa, cultural, sindical, feminista, etc…. A Asemblea ratificou a lista que, en palabras de Marga López, “configura unha lista que quere ser imaxe da realidade social da nosa cidade, combativa, comprometida e con valores democráticos e de esquerdas”

A Asemblea Xeral da Marea de Vigo ratificou tamén o equipo de coordinación de campaña que será o encargado de levar adiante dende xa os traballos de cara ao proceso electoral do vindeiro 24 de maio. Un equipo de campaña que traballará en diferentes comisións: política, actos e loxística, finanzas, ….