De novo, o recinto hospitalario do Meixoeiro “está a ser unha demostración palpable da improvisación de protocolos – sinala Rubén Pérez – , da falla de respeto ao dereito a información das traballadoras e traballadores e á súa representación sindical co resultado dun brote de contaxios descontrolados e sen visos de solución varios días despois de detectarse”. “Un centro onde se decide vacinar a persoal sanitario que mesmo está esperando o resultado das probas PCR, onde non se establece un seguimento dos contaxios e das quendas de traballo para evitar que existan novos contaxios entre o persoal, onde non se aíllan pacientes en habitacións individualizadas cando un deles está a espera de PCR e onde o persoal en carentena nas súas casas aumenta por momentos” matiza o voceiro.
Marea considera por tanto demagógo, oportunista e mesmo alarmista esixir ao Goberno central o uso das máscaras FFP2 “cando no centro, agora mesmo cunha incidencia de contaxios tremenda – apunta Rubén Pérez – se exerce un aforro inxustificable deste tipo de máscaras, obrigando a que asinen con dni cando se lles facilita unha, cunha evidente búsqueda de racionalas ao máximo”.
“Xa na primeira vaga leváronse a cabo serios incumprimentos trasladando persoas maiores infectadas de COVID-19 da residencia asistida da Xunta ao hospital do Meixoeiro, en lugar de facelo aos centros hospitalarios habilitados para tal fin naquela altura” remata o voceiro municipal.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.