Marea de Vigo tilda de “demagogo” ao Goberno da Xunta por pedir o uso xeneralizado das máscaras FFP2 e non proporcionalas axeitadamente no Hospital Meixoeiro onde hai un brote descontrolado

Rubén Pérez, voceiro do Grupo, denunciou hoxe que “o descontrol nos procedementos, mesmo con momentos de auténtico caos en materia de prevención, están minando o cadro de personal onde os contaxios por COVID-19 están desbocados”.

De novo, o recinto hospitalario do Meixoeiro “está a ser unha demostración palpable da improvisación de protocolos – sinala Rubén Pérez – , da falla de respeto ao dereito a información das traballadoras e traballadores e á súa representación sindical co resultado dun brote de contaxios descontrolados e sen visos de solución varios días despois de detectarse”. “Un centro onde se decide vacinar a persoal sanitario que mesmo está esperando o resultado das probas PCR, onde non se establece un seguimento dos contaxios e das quendas de traballo para evitar que existan novos contaxios entre o persoal, onde non se aíllan pacientes en habitacións individualizadas cando un deles está a espera de PCR e onde o persoal en carentena nas súas casas aumenta por momentos” matiza o voceiro.

Marea considera por tanto demagógo, oportunista e mesmo alarmista esixir ao Goberno central o uso das máscaras FFP2 “cando no centro, agora mesmo cunha incidencia de contaxios tremenda – apunta Rubén Pérez – se exerce un aforro inxustificable deste tipo de máscaras, obrigando a que asinen con dni cando se lles facilita unha, cunha evidente búsqueda de racionalas ao máximo”.

“Xa na primeira vaga leváronse a cabo serios incumprimentos trasladando persoas maiores infectadas de COVID-19 da residencia asistida da Xunta ao hospital do Meixoeiro, en lugar de facelo aos centros hospitalarios habilitados para tal fin naquela altura” remata o voceiro municipal.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM