Marea de Vigo traballará dende o Concello e dende o Parlamento de Galicia para que a cidade teña as conexións de ferrocarril que precisa para desenvolverse como cidade cun grande potencial produtivo

O candidato á Alcaldía visitou a área portuaria de Bouzas co deputado e portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, e expresou a súa oposición a un novo recheo sen que haxa un estudo integral sobre as necesidades reais
Por o 21/05/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo traballará dende o Concello e dende o Parlamento de Galicia para que a cidade teña as conexións de ferrocarril que precisa para desenvolverse como cidade cun grande potencial produtivo

O candidato á Alcaldía da Marea de Vigo, Rubén Pérez, calificou hoxe de “erro maiúsculo” que se faga un novo recheo en Bouzas sen ter un estudo integral sobre as necesidades para o desenvolvemento da actividade nesta área portuaria.

Rubén Pérez visitou a zona do porto en Bouzas co deputado do Parlamento de Galicia e portavoz de Anova, Antón Sánchez, e con outras persoas da candidatura, entre as que se atopaban as que ocupan os primeiros postos: Oriana Méndez, Xaquín Pastoriza e Estela Miller. Antón Sánchez lembrou que dende o Parlamento de Galicia, o seu grupo ven traballando “en cuestións fundamentais para o futuro de Vigo esquecidas polo PP e polo Partido Socialista”. Citou como exemplo a conexión ferroviaria de mercadorías cara ao sur. Sanchez dixo que seguirán “loitando por unha liña Vigo-Oporto que forme parte da Rede Transeuropea de Transportes”. Trátase dun obxectivo que non se cumpliu “pola falta de voltade política do PSOE en Madrid e dunha suficiente defensa dos intereses de Vigo por parte da Xunta de Feijóo”.

O portavoz nacional da Anova pediu o voto para a Marea de Vigo e dixo que “se trata dunha cidade dinámica e con moito potencial, a pesar de ter gobernos que non están á altura dese dinamismo e dese potencial”.

Rubén Pérez manifestou que a visita á área portuaria de Bouzas pretende “facer visible a oposición da Marea de Vigo a un novo recheo” e deixar claro que contamos co apoio dos homes e mulleres de Anova que están no Parlamento de Galicia”.

O candidato da Marea de Vigo lembrou que o Plan de Usos e o Plan Especial do Porto, aínda pendentes de seren reformulados, precisan do visto e prace do Concello.

Una respuesta para "Marea de Vigo traballará dende o Concello e dende o Parlamento de Galicia para que a cidade teña as conexións de ferrocarril que precisa para desenvolverse como cidade cun grande potencial produtivo"

  1. Gamela   22/05/2019 at 8:23

    Hai máis de 12 anos o que entón era presidente da autoridade portuaria de Vigo (Abel) afirmou rotundamente que deixaba aprobado un Plan de Usos do Porto no que se contemplaba a existencia dun carril bici dende Guixar a Bouzas… ¿alguén viu tal cousa?

    Minten cando abren a boca e minten cando a teñen pechada!
    https://flic.kr/p/vnCpP1

    ¿Que fixo Marea de Vigo en cantro anos?

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.