Marea de Vigo traballará dende o Concello para recuperar os programas de ocio alternativo, como o “Súbete ao Castro”, e a actividade da Casa da Xuventude

A deputada de En Marea no Parlamento de Galicia Paula Quinteiro propón unha acción coordinada en materia de vivenda e emprego “para que a xente moza poda quedarse a vivir na nosa cidade”
Por o 23/05/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo traballará dende o Concello para recuperar os programas de ocio alternativo, como o “Súbete ao Castro”, e a actividade da Casa da Xuventude

A recuperación de programas alternativos de ocio, a actividade da Casa da Xuventude e as políticas para facilita o acceso á vivenda e ao emprego serán accións prioritarias da Marea de Vigo para o vindeiro periodo de mandato municipal.

O candidato á Alcaldía desta formación, Rubén Pérez, criticou hoxe o “desmantelamento de infraestructuras de encontro xuvenil, como era o programa “Súbete a Castro” no edificio da ‘Cámara de Chaves’ da traída de auga. Pérez lembrou que este programa foi “importantísimo na dinamización do ocio alternativo da mocidade viguesa”.

Rubén Pérez anunciou que a Marea de Vigo traballará para que estas políticas se recuperen cunha dotación orzamentaria suficiente por parte do Concello. As políticas de xuventude son un exemplo “do que a Marea de Vigo quere enmendar nesta cidade”, segundo manifestou o candidato á Alcaldía, que lembrou tamén “o desmantelamento de gran parte dos servizos e actividades da Casa da Xuventude”. Rubén Pérez, visitou hoxe o lugar onde se facía o “Súbete ao Castro” coa deputada de Unidas Podemos no Parlamento de Galicia Paula Quinteiro. Para amosar a importancia que a Marea de Vigo lle da ás políticas de mocidade, na visita tamén participaron as personas que ocupan os primeiros postos da candidatura: Oriana Méndez, Xaquín Pastoriza e Estela Miller.

Paula Quinteiro manifestou que do mesmo xeito que as políticas de ocio para a mocidade están totalmente desmanteladas, “isto pasa tamén coas políticas en materia de vivenda e de emprego para as personas mozas”.
Para a deputada autonómica é necesaria unha acción coordinada dende as diferentes. Administracións porque “dende o Concello poden ofrecerse moitas alternativas para que a xente moza non teña que emigrar por falta de alternativas, como sucede actualmente”. Lembrou, neste sentido, que “a situación é moi grave polo desemprego” que castiga dun xeito especial á xuventude.

Entre as medidas sobre xuventude incluidas no Programa Vivo da Marea de Vigo destaca a creación dun Plan Municipal de Emprego Xuvenil e a posta en marcha dende o Concello dunha bolsa de emprego novo e non precario.

 

Una respuesta para "Marea de Vigo traballará dende o Concello para recuperar os programas de ocio alternativo, como o “Súbete ao Castro”, e a actividade da Casa da Xuventude"

  1. Gamela   24/05/2019 at 5:38

    Polas súas obras os coñeceredes !
    https://flic.kr/p/2cQ4ewW

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.