En Marea decide en asemblea a súa postura con respecto á maternidade subrogada

Por o 08/06/2017 | Sección: En Marea,Política,Vigo
En Marea decide en asemblea a súa postura con respecto á maternidade subrogada
Compartir en:

O grupo de traballo de Igualdade de En Marea convocou en asemblea aberta un debate acerca da maternidade subrogada e ventres de alugueiro para o vindeiro sábado día 10 de xuño en Santiago de Compostela.

O debate central terá lugar ás 11.30h no Matadoiro Compostela, logo das diferentes asembleas realizadas dende o día 5 de maio por toda a xeografía galega. O obxectivo é acordar unha postura común a defender polas diferentes representantes institucionais de En Marea.

Como resultado do debate En Marea publicará un documento no que se reflictirán os acordos maioritarios da asemblea.

Debate central “Ventres de alugueiro ou xestación subrogada?”

Lugar: Matadoiro Compostela. Praza do Matadoiro (Compostela)

Data: 10 de xuño

Hora: 11.30h