En Marea defende no Senado o seu rexeitamento á aplicación do artigo 155

Publicado por o día 27/10/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea defende no Senado o seu rexeitamento á aplicación do artigo 155

En Marea, a través da súa senadora no Senado, Vanessa Angustia, votou en contra da aplicación do artigo 155 da Constitución.

“Coa aplicación do 155 están abrindo á porta a involución democrática, recortando liberdades e autonomía política”, denunciou Angustia.

A senadora asegurou que o voto de En Marea era “un total rexeitamento á aplicación do artigo 155”, que quita a autonomía a Catalunya, permite o cese do Govern e a intervención da Generalitat

“O noso voto é un total rexeitamento á aplicación do artigo 155, que é un abuso do Goberno que perxudica a todos os cataláns e catalás”, afirmou a senadora.

Angustia insistiu en que “PP, PSOE e C’s quixeron mostrar forza renunciando ao diálogo”.

“Pedímoslle que retiren a proposta de intervención. Reclamamos diálogo e o recoñecemento da diversidade e pluralidade”, insistiu a senadora no seu discurso.

A parlamentaria de En Marea reivindicou que somos a voz da “Nación Galega” e reclamou “o artigo 47, do dereito á vivenda ou o 128, que di que toda riqueza está subordinada ao interese xeral”.

“Sexamos independentes, si, das súas políticas de portas xiratorias galegas, que con ENCE e Reganosa afunden a economía do noso país e as nosas rías”, insistiu.

A senadora concluíu decindo que “hoxe só venceu a incapacidade, a imposición da forza e o veto ao diálogo”.