En Marea defende a súa posición sobre as pensións da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva

A deputada e voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, defendeu no Pleno o posicionamento de En Marea relativo á non consideración de unidade de convivencia en determinadas situacións, a efectos de acceso e mantemento no percibo das pensións da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva
Por o 12/12/2017 | Sección: En Marea,Política
En Marea defende a súa posición sobre as pensións da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva

A deputada e voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, defendeu no Pleno o posicionamento de En Marea relativo á non consideración de unidade de convivencia en determinadas situacións, a efectos de acceso e mantemento no percibo das pensións da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva.

“O PSOE carece dunha proposta global en materia de pensións e, en particular, en materia de pensións non contributivas. Para reforzar o principio de solidaridade do sistema público de pensións non chega cunha medida de tan corto alcance como a do PSOE, senón que é preciso unha reforma profunda do sistema”, sinalou a deputada, que remarcou que o noso grupo ten unha proposta de reforma integral do sistema público de pensións, con propostas concretas para as pensións non contributivas, recollidas hoxe nas emendas presentadas a esta PNL do PSOE.

“É preciso modificar a regulación do requisito de carecer de rendas ou ingresos suficientes, de xeito que, con carácter xeral, para o recoñecemento dunha pensión non contributiva únicamente se teñan en conta os ingresos da persoa beneficiaria, con independencia dos ingresos das persoas coas que conviva, configurando as prestacións non contributivas como un dereito individual”, engadiu Díaz.

A deputada concluiu en que “queremos máis gasto público, máis pensións, máis saúde, máis sanidade e máis dignidade para as nosas pensionistas”.