En Marea demanda a actuación do Estado para anular o acordo ilegal da moción de censura de Coristanco

En Marea presentará una iniciativa no Parlamento de Galicia para instar ao Estado a levar adiante as accións para anular o acordo do pleno de onte.
Publicado por o día 27/08/2017 na sección de A Coruña,En Marea,Galicia,Política

En Marea demanda a actuación do Estado para anular o acordo ilegal da moción de censura de Coristanco

O Grupo Parlamentario de En Marea presentará o vindeiro luns unha proposición non de lei para demandar do Estado o exercicio de accións para anular o acordo do Pleno de Coristanco.

De acordo co art. 65 da Lei de Bases de Réxime Local, o Estado está lexitimado tanto para requerir do pleno a anulación do acordo como para impugnalo directamente no xulgado, ao resultar manifesto a ilegalidade da celebración do pleno e, polo tanto, do seu resultado ao ter prosperado unha moción de censura cando queda acreditado o incumprimento do art. 197 da Lei orgánica 2/2011, de Réxime Electoral Xeral (*).

En Marea precisa ao respecto que a persoa que detenta agora a alcaldía fora xa expulsado do Grupo municipal socialista e o feito de que recorrese dita decisión en nada cambia a súa situación, dado que a lei esixe que non pode computarse como propoñente da moción quen, por calquera causa (neste caso, expulsión),  xa non formase do grupo municipal, e o sr. Gerpe xa non pertencía a dito grupo socialista.

O recurso que presentou contra a decisión orgánica do PSOE non é mais que unha manobra  fraudulenta para pretender amparar o que non é outra cousa que unha violación manifesta tanto do pacto anti-transfuguismo como do propio art. 197 da L.O. de réxime electoral xeral.

Polo tanto, a indigna operación da moción de censura de Coristanco, na que o PP apoiou ao concelleiro expulsado,  non debe de durar nin un día máis dos necesarios para restablecer a legalidade. Dende En Marea demandaremos a actuación de oficio do Estado para anular o acordo e restablecer a legalidade.

En Marea considera que, con independencia da debida actuación do Estado, é necesaria a presentación inmediata do recurso xudicial de tutela de dereitos fundamentais (a vía xudicial máis rápida, ao se preferente) por violación do art. 23 da Constitución española, e anima aos grupos municipais de Coristanco a facelo.

Este vergoñento capítulo na vida política do Concello de Coristanco e do país non debería de durar nin un día máis do necesario.

(*)
Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General.
Artículo ciento noventa y siete. Moción de censura del Alcalde.
1. El Alcalde puede ser destituido mediante moción de censura, cuya presentación, tramitación y votación se regirá por las siguientes normas:
a) La moción de censura deberá ser propuesta, al menos, por la mayoría absoluta del número legal de miembros de la Corporación y habrá de incluir un candidato a la Alcaldía, pudiendo serlo cualquier Concejal cuya aceptación expresa conste en el escrito de proposición de la moción.
En el caso de que alguno de los proponentes de la moción de censura formara o haya formado parte del grupo político municipal al que pertenece el Alcalde cuya censura se propone, la mayoría exigida en el párrafo anterior se verá incrementada en el mismo número de concejales que se encuentren en tales circunstancias.
Este mismo supuesto será de aplicación cuando alguno de los concejales proponentes de la moción haya dejado de pertenecer, por cualquier causa, al grupo político municipal al que se adscribió al inicio de su mandato.