En Marea demanda ao Goberno medidas para que as familias refuxiadas en Lugo e Sarria non fiquen desamparadas

Os deputados de En Marea, Fernán Vello e Alexandra Fernández, instan ao Executivo a ampliar o Programa de Reasentamento para garantir unha estabilidade así como a procura da inserción laboral
Por o 13/02/2018 | Sección: En Marea,Política
En Marea demanda ao Goberno medidas para que as familias refuxiadas en Lugo e Sarria non fiquen desamparadas

O portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, e a deputada Alexandra Fernández, presentaron unha iniciativa parlamentar na Cámara para demandarlle ao Goberno medidas para que as dúas familias de refuxiados sirios, así como outras na mesma situación, non fiquen desamparadas unha vez rematado o Programa de Reasentamento.

Ambos parlamentares trasladan ao Executivo a inquedanza de En Marea pola situación na que van ficar as dúas familias refuxiadas no territorio lugués, e outras, após de finalizar a finais de xaneiro as axudas que percibían ao albur do Programa Nacional de Reasentamento e Reubicación.

Actualmente, explican, “voltan ao estado inicial posto que durante este ano e medio non tiveron acceso a cursos de formación, non teñen toda a documentación necesaria ou algunha titulación que acredite o coñecemento da lingua”.

O Goberno español “actúa pola mínima en materia de refuxiadas, sen inmplicación humanitaria”

Chegaron ao Estado español no ano 2016 xunto cun grupo de 155 refuxiados/as procedente do Líbano e fuxindo da guerra de Siria. Dúas destas familias foron ubicadas en Lugo e en Sarria. Miguel Anxo Fernán Vello e Alexandra Fernández consideran que o Goberno español “actuou empurrado polos acordos da UE en materia de refuxiados en lugar de se rexir por criterios humanitarios e de integración das persoas refuxiadas. Actuaron pola mínima e sen convencimento”.

Nesa liña, lembran que o estado español incumpriu de forma flagrante as cotas pactadas na UE neste tema, o cal demostra a súa “total falla de interese no ámbito da cooperación e axuda ás persoas que fuxen das guerras”. Pídenlle ao Executivo que “alomenos faga un esforzo e se implique na situación destas familias para que non deixalas abandoadas e sen  uns medios de vida. Unha fórmula sería ampliar o Programa e outra adoptar medidas de inserción laboral”.

“Non debería o Goberno preocuparse de realizar un seguimento da situación das familias refuxiadas que chegaro en 2016? Non denota unha total indiferencia e falla de humanidade? Por qué incumpriu o Goberno as cotas en materia de Acollidad de persoas refuxiadas?”, son algunhas das cuestións que desde En Marea se formulan ao Goberno. 

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.