En Marea demanda a Fomento que defenda os dereitos dos afectados polas cancelacións de Ryanair e pide sancións á compañía

Alexandra Fernández presentou unha iniciativa parlamentar dirixida á Íñigo de la Serna para que inclúa multas á Ryanair por suspender voos de xeito masivo debido a cuestións de organización interna.
Publicado por o día 20/09/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea demanda a Fomento que defenda os dereitos dos afectados polas cancelacións de Ryanair e pide sancións á compañía

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha iniciativa parlamentar no Congreso dirixida ao Ministro de Fomento para que adopte as medidas precisas destinadas a defender os dereitos dos afectados polas masivas cancelacións de voós de Ryanair desde a pasada fin de semana e até o 31 de outubro.

As suspensións de voós son responsabilidade de Ryanair, debe ser sancionada

Ademáis, Alexandra Fernández pide a Íñigo de la Serna que inclúa sancións no expediente informativo aberto á compañía aérea en liña coas demandas das organizacións de consumidores, dado que Ryanair suspendeu voós debido a razóns de organización interna co cal é a súa exclusiva responsabilidade.

A deputada de En Marea quer saber se o Ministerio está a informar adecuadamente ás miles de persoas que se quedaron sen os seus voós. Reclama que os pasaxeiros afectados sexan indemnizados e que o Ministerio vixíe que Ryanair cumpra o Regulamento europeo nº 261/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, en concreto o relativo ao artigo 7. “Vai Fomento a controlar que en todo momento se garantan os dereitos dos pasaxeiros afectados?”.

Ryanair debe devolver as axudas públicas

Outra das cuestións que a parlamentar de En Marea pón enriba da mesa é a relativa ás condicións laborais na liña de baixo custe, obxecto de polémica en numerosas ocasións. “Vixiou o Ministerio as condicións laborais dos pilotos desta compañía a fin de que se cumprisen os periodos de descanso estipulados? Non é certo que a política laboral de Ryanair sempre estivo envolta na polémica debido ás súas condicións abusivas e de explotación laboral? Non cre que o cumprimento dos descansos dos pilotos forma parte da seguridade aérea?”.

Por último, Alexandra Fernández pón enriba da mesa as millonarias subvencións que Ryanair recibiu de concellos como o de Vigo. “Nalgúns aeroportos galegos como é o caso de Peinador, o concello vigués otorgou axudas públicas á Raynair par que fixese conexión aéreas. Actualmente a compañía irlandesa é perceptora de subvencións por parte do consistorio vigués, polo voó Vigo-Barcelona, un dos afectados polas numerosas cancelacións. O mecanismo de axudas públicas por parte da Xunta ou de concellos a compañías de baixo custe estivo sempre na picota, causando un enorme debate e foi cuestionado pola propia UE”.

A deputada de En Marea pregunta  a Fomento que é a súa posición sobre esta cuestión e dados os feitos, “non debería Ryanair devolver estas axudas?”.