En Marea demanda a Fomento que esixa a Audasa medidas perante os atascos na AP-9

Alexandra Fernández denuncia estes atascos sen que Fomento nin a Xunta “traspasen a liña da simple retórica. Puro xogo propagandístico pero sen actuacións reais”.

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha iniciativa parlamentar no Congreso na que demanda ao Ministerio de Fomento que esixa á concesionaria AUDASA a adopción de medidas que eviten os atascos que se producen na AP-9, especialmente en periodos festivos ou no verán.

Alexandra Fernández lembra unha vez máis a lamentábel xestión da concesionaria que “ven de tempo atrás sen que Fomento nin a Xunta sancionen a AUDASA ou lle esixan solucións”. Lamenta a deputada de En Marea que en todos estes anos, Fomento e a Xunta “nunca traspasasen a liña da retórica. Limitándose a facer advertencias á concesionaria, abrindo expedientes que nunca levaron a sancións ou multas. Puro xogo propagandístico pero sen actuacións reais”.

A parlamentar de En Marea sinala que denunciamos en diversas ocasións no Congreso toda a problemática que xira en torno a AP-9, e “a obstinada resistencia do Ministerio a traspasar esta vía fundamental para Galiza. Peaxes carísimos, falla dun Programa Descontos, recorte de personal, falla de investimentos en mantemento e o problema dos atascos en periodos festivos, vacacionais ou na primavera-verán”.

Fomento e Xunta teñen responsabilidades por permitilo 

Para Alexandra Fernández “é obriga do Ministerio e da Xunta esixirlle a AUDASA que cumpra e oferezca un servizo óptimo e de calidade posto que cobra as peaxaes máis caras do estado. Non tería que ser compricado, se houbera vontade política, multar á concesionaria cando incumpre as condicións, pero é típico do PP favorecer os intereses privados de determinadas empresas en lugar de mirar polos dereitos dos galegos e das galegas que non teñen porque soportar quilométricos atascos diante das cabinas para satisfacer un pago abusivo que non se corresponde co mal servizo ofrecido”.

Neste sentido, a deputada de En Marea alude precisamente ao feito de que a Valedora do Pobo abrise unha investigación de oficio sobre AUDASA debido aos atascos rexistrados nas peaxes. A tal punto, enfatiza, que enviou un escrito á concesionaria para saber que mecanismos de compensación adopta para evitar estas situacións.

Na mesma liña, Fernández dirixe unha batería de preguntas a Fomento para que emprenda accións perante a concesionaria e se remate por fin con unha situación inadmisíbel.



Publicado por Noticias Vigo

Noticias de última hora en Vigo

ETIQUETAS:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Vigo Marketing

http://www.vigomarketing.com

Diseño web, posicionamiento, marketing y publicidad en Vigo

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá