En Marea demandará en pleno ó Goberno unha rebaixa do IVE cultural

Publicado por o día 13/12/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea demandará en pleno ó Goberno unha rebaixa do IVE cultural

O deputado de En Marea por Lugo vai demandar este mércores 14 de decembro ao Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, que rebaixe o IVE na cultura despois de 4 anos de aplicar un elevado imposto do 21%.

“Este IVE levou a enormes perdas económicas, destrución de postos de traballo, peche de cinemas, de teatros e destrución do tecido cultural, que en casos como Galiza, ten unha especial relevancia por transmitir a cultura e a lingua propia”, sinala o deputado.

O incremento do IVE tivo nestes catro anos uns efectos devastadores no estado español”.  É un clamor do mundo da cultura que se reduza este imposto universal, e o mesmo Ministro de Cultura recoñeceu que era unha fronte a abordar polo seu departamento, polo que En Marea insistirá en que esta rebaixa se realice de xeito urxente.