En Marea demanda ao Ministerio que resolva as becas MEC ao inicio do curso académico

Alexandra Fernández apremia ao Ministro a rematar cos retrasos no pagamento das bolsas xerais de Universidade porque “dificulta o curso a moitos estudantes con menos recursos” e salienta que as bolsas “son fundamentais para garantir o acceso universal á educación”.
Publicado por o día 06/03/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea demanda ao Ministerio que resolva as becas MEC ao inicio do curso académico

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha proposición non de lei e unha pregunta escrita na que pide ao Ministro de Educación que se rematen cos retrasos no pagamento das bolsas xerais de Universidade, resolva as becas ao inicio de curso e ingrese a totalidade das contías no periodo de comezo de curso, de xeito que o estudantada poia programar o ano escoltar sen problemas económicos que dificulten os seus estudos.

Nun segundo punto da súa proposición, a deputada de En Marea empraza ao Ministerio a cambiar canto antes o sistema actual de becas xerais de Universidade, vixente desde que o ex Ministro Wert o cambiou en 2013, e que procedeu a implantar unha parte fixa e unha variábel.

Alexandra Fernández demanda que se aprobe un sistema estábel de axudas ao estudo, sen partes variábeis que “suman ao estudantado na incertidume”. Por último, a deputada de En Marea insta ao Ministro a aumentar as partidas destinadas a bolsas e o número de axudas ao estudo a fin de garantir o acceso universal á educación.

A xestión do PP en materia de bolsas: involucionista, regresiva e elitista

Alexandra Fernández afirma que “a política do PP en materia de bolsas non pode ser máis involucionista e regresiva”. Repróchalle que no seu mandato de maioría absoluta modificase o sistema de concesión de becas, “compricándoo mediante o estabelecemento dunha parte fixa e outra variábel, circunstancia que foi moi criticada polo estudantado e a comunidade educativa porque sume nunha auténtica incerteza aos estudantes. Parte variábel que ademáis non se cobra até case final de curso”.

A parlamentar de En Marea critica duramente a considerabél demora no pagamento das bolsas por parte de Ministerio. “no presente curso atopámonos de novo coa situación de retrasos, desde o inicio de ano 2017 medran por días as queixas e denuncias de estudantes en pleno ecuador do ano escolar por non  teren cobrado aínda as percepcións das bolsas”.

Fernández apela ao Ministerio a rematar xa coas demoras porque “ocasiona importantes problemas económicos aos estudantes e ás familias que programan os cursos contando coas contías das becas pero cando experimentan o paso dos meses sen que se materialice, comezan a ter problemas, nalgúns casos con consecuencias graves”.

A deputada de En Marea pón de manifeto que “as becas son un elemento fundamental para que os estudantes con menos recursos poidan estudar. Son un factor que garante a igualdade e o acceso universal á educación”. Afirma que desde “En Marea consideramos absolutamente xustas as peticións do estudantado en canto á xestión das bolsas de estudo”.
Para Alexandra Fernández a xestión do Goberno en materia de bolsas é involucionista, clasista, regresiva e non garante o acceso universa á educación. Está clara a aposta do PP por un ensino elitista”.