En Marea denuncia as insuficiencias e pide máis inversión na loita contra a violencia machista

Por o 15/11/2016 | Sección: En Marea,Política,Vigo
En Marea denuncia as insuficiencias e pide máis inversión na loita contra a violencia machista

Este martes a deputada por Pontevedra de En Marea, Ángela Rodríguez, interveu no pleno do Congreso para debater sobre un dos temas máis importantes para o futuro, como é acabar coa lacra sobre a violencia machista.

A deputada insistiu no seu discurso en que a violencia contra as mulleres debe ser “un compromiso real”.

“Aprobáronse todas as emendas menos as que tiñan que ver con blindar o presuposto”, criticou a deputada.

O Grupo Parlamentario Confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea fixo un “voto a favor crítico” das emendas para que se conforme unha subcomisión onde se discutirán os termos do pacto de Estado.

A deputada de En Marea insistiu que se non existe un compromiso real para dotar con suficientes recursos e medidas a loita pola igualdade, unhas Proposicións non de Lei “rematan por ser papel mollado”.

En concreto, un compromiso maior que o actual do 0,005% dos Presupostos Xerais do Estado e máis que o recorte do 33% do presuposto asignado entre 2008 y 2015.

En Marea seguirá reclamando medidas efectivas, blindar recursos para esta materia nos Presupostos xerais do Estado e asumir que esta política de recortes afecta directamente á desprotección das mulleres fronte á violencia