En Marea denuncia as “intolerables” opinións no ABC do Xefe de Redacción da Radio pública Galega

O grupo parlamentario pide explicacións e esixe medidas ao director xeral da CRTVG.
Publicado por o día 23/10/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea denuncia as “intolerables” opinións no ABC do Xefe de Redacción da Radio pública Galega

O vicevoceiro de En Marea Antón Sánchez e a deputada Ánxeles Cuña veñen de rexistrar no Parlamento de Galicia unha pregunta oral dirixida ao director xeral da CRTVG para pedir explicacións polas “intolerables” opinións verquidas polo Xefe de Redacción da RG, Luís Ojea, menosprezando as miles de persoas que participaron na manifestación deste domingo.

No artigo, titulado “Carroñeros de la desolación” e publicado este luns 23 de outubro de 2017 no xornal ABC, Ojea emprega descualificacións e xuízos de valor irrespectuosos para referirse aos colectivos convocantes da manifestación como “caverna”, “gentuza”, “tropa” ou “inframundo” ou “carroña”. Algo, absolutamente inadmisible para quen, ademais, ocupa un cargo de responsabilidade e ten capacidade de decidir a axenda informativa diaria da radio pública que custeamos todas as galegas e galegos.

Por outra banda, Luis Ojea di rexeitar as posicións partidarias e “con réditos electoralistas”, mentres bota man do argumentario do PP para falar de “terrorismo incendiario”: “Mientras Galicia luchaba contra la peor ola de terrorismo incendiario de la última década, ese inframundo andaba echando cuentas del rédito político que le podían sacar a la catástrofe”.

Non é a primeira vez que o Xefe de Redacción da Radio pública Galega emprega este estilo insolente e irrespetuoso, fundamentalmente, contra as forzas políticas de esquerda e os seus representantes ou coma, neste caso, cos movementos sociais que son críticos co partido no Goberno. Hai exemplos constantes de artigos neste sentido, como son “Que tropa!” (agosto de 2017) dedicado ao PsdeG cos mesmos decalificativos de “tropa” ou “banda”; ou “A ver si nos enteramos” (febreiro de 2016)no que tilda a Xosé Manuel Beiras de “prepotente “con ego “hipertrofiado” e demais desprezos.

Para En Marea son incompatibles estas posturas manifestas co desenvolvemento da función de Redactor Xefe dar Radio pública Galega de xeito imparcial e ecuánime, polo qu esixe medidas por parte da dirección xeral da Corporación Radio Televisión de Galicia.