En Marea denuncia que o bono social non cubre ás persoas máis necesitadas

Yolanda Díaz: “Debemos definir o concepto de persoa consumidora vulnerable e esixir que a renda per cápita sexa o parámetro principal”.
Por o 11/11/2016 | Sección: En Marea,Política,Vigo
En Marea denuncia que o bono social non cubre ás persoas máis necesitadas

Antón Gómez-Reino: “Toda a cidadanía debe ter acceso aos suministros básicos dun xeito digno e xusto”.

En Marea presentou esta maña en rolda de prensa as iniciativas que vén de rexistrar no Congreso dos Deputados relativas á situación actual do chamado “bono social”, un desconto na factura da electricidade aprobado polo Goberno do PP e que pretendía protexer aos fogares con menos posibilidades económicas.  Sen embargo, como sinalou hoxe a deputada Yolanda Díaz, “o desconto tan só asumía o 25% da tarifa e entre os requisitos para solicitado non se atopaba o de “renta per cápita”, que quizais é o que mellor indicaría que fogares serían considerados vulnerables”. De feito, Díaz Pérez definiu este mecanismo de axuda como “un mero parche, porque non está destinado aos que realmente o necesitan e só cubren parte da factura eléctrica pero non outros suministros como o gas”.

A obligación de financiar este desconto recaía, ata o de agora, a cargo das eléctricas, que en varias ocasións recurriron esta orde do Goberno do Estado. Agora o Tribunal Supremo vén de darlles a razón de novo ás empresas e anula o mecanismo de financiamento do bono social da tarifa eléctrica. En Marea segue a insistir que a directiva contempla a posibilidade de que sexan as eléctricas as que se fagan cargo deste coste, e así llo esixe ao Goberno, “xa que deben ser as empresas as que sufraguen o bono social e que este coste non repercuta na factura da electricidade” como indicou o deputado Antón Gómez-Reino.

Sentencias como este última é un novo exemplo da deficiente xestión do Goberno do Partido Popular que agora ten que facer fronte ao pago dunha millonaria indemnización. Desde En Marea exíselle ao Goberno unha resposta urxente a este problema, xa que como sinalou o deputado Antón Gómez-Reino “nos tememos que pretendan que sexan as persoas usuarias as que sufraguen unha vez máis esta cuantiosa sanción”.

Ante esta situación, En Marea considera que o Goberno debe iniciar un novo mecanismo de financiación do ata o de agora denominado “bono social”, un bono que debe estar a disposición de aqueles fogares que sexan declarados como vulnerables e que dea acceso a suministros para cubrir as súas necesidades básicas de suministro de electricidade e gas.

Ademáis, a definición de “fogar vulnerable” e os diversos grados para acceder ao mesmo deben tomar como parámetro fundamental a renda do fogar e deben ser actualizados anualmente.

Asemesmo, En Marea considera que os descontos sobre as facturas tamén deben ser propocionais en función dos baremos establecidos, con rebaixas que poden chegar ao 100% dos importes das facturas dos suministros de electricidae e gas naqueles fogares cun grado máximo de vulnerabilidade. Como fixo fincapé Gómez-Reino na rolda de prensa, “toda a cidadanía debe ter dereito ao acceso aos suministros básicos dun xeito digno e xusto”.

Así, na Proposición non de Lei que En Marea presentou no Congreso dos Deputados, ínstase ao Goberno a desenvolver unha nova regulación da financiación del denominado “bono social” dacordo aos criterios establecidos na Directiva 2009/72/CE de 13 de xullo 2009, sen  que o seu custe repercuta nas persoas usuarias. Ademais indícase que o bono debe incluir tanto a cobertura do suministro de electricidade coma o de gas. E tal como indicaron na rolda de prensa os deputados Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, nesta regulación o Goberno debe desenvolver os conceptos de “persoa consumidora vulnerable” e “fogar vulnerable” na nova normativa, e incluir como principais requisitos de acceso ao bono social os de “renda per cápita” e a de “renda do fogar”.