En Marea denuncia que o caos e desgoberno Núñez Feijóo ten ao país paralizado

O voceiro de En Marea, Luís Villares, afirmou que “o PP galego converteu a súa maioría absoluta nun total desgoberno” lamentando que Feijóo non estea a solucionar os problemas reais do país.
Publicado por o día 03/07/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea denuncia que o caos e desgoberno Núñez Feijóo ten ao país paralizado

O voceiro de En Marea, Luís Villares, denuncio o caos e falla de proxecto político do Goberno de Núñez Feijóo que está a provocar a parálise do noso país. A folga do transporte, o peche de centros educativos no rural, ou a negativa do PP de Madrid para levar a cabo a transferencia da AP-9 son algúns dos exemplos destacados por Villares na súa comparecencia ante os medios desta mañá. “O PP en Galicia converteu a súa maioría absoluta nun total desgoberno” declarou.

“Feijóo non está a solucionar os problemas de Galicia, do único que se ocupa é da súa carreira política” afirmou o voceiro de En Marea que lamentou que “o Goberno collera vacacións antes de tempo” aínda que asegurou que para En Marea “leva de vacacións desde dende o mesmo momento que entrou a gobernar”.

O voceiro de En Marea asegurou que o “ninguneo ao que está sendo sometido Feijóo en Madrid produce rubor e vergoña” engadindo que non só “ningunean” ao PP galego senón “á vontade de todo un país como o galego”.

Pero a actuación caótica do goberno galego non só se deixa sentir fora de Galicia senón tamén dentro do país como sinalou Villares tomando como exemplo o plan de transportes presentado pola Xunta de Galicia co que “pretende incomunicar todo o rural” e contra o que se ten manifestado patronal, usuarios e sindicatos. Outra mostra é o plan de peche de escolas anunciado pola Consellería e que supón igualmente pechar o futuro no rural.

“Temos un Goberno incapaz de xestionar os problemas reais do noso país. Existen unha Galicia que existe só na cabeza do Partido Popular e outra que é a Galicia real” declarou Villares.

Fronte a isto, o voceiro de En Marea destacou o programa alternativo que formula En Marea no Parlamento e na rúa. “Vimos de presentar unha proposta de ensino rural que se ocupa do ensino, dereitos e do transporte” lembrou. Tamén no referido á AP9, o voceiro volveu a insistir que o obxectivo de En Marea pasa por lograr a transferencia pero tamén recuperar para o público esta infraestrutura.

“En Marea ten un plan de goberno para Galicia e as súas maiorías sociais fronte ao desgoberno e a ineficacia do PP que converteu a súa maioría nunha actuación caótica” concluíu Villares.