En Marea denuncia que a Comisión de Expertos sobre transición enerxética está composta só por homes

Yolanda Díaz enviou hoxe unha carta ao Ministro de Enerxía para solicitar unha redefinición da composición deste órgano.
Por o 04/08/2017 | Sección: En Marea,Galicia,Política
En Marea denuncia que a Comisión de Expertos sobre transición enerxética está composta só por homes
Compartir en:

A voceira de En Marea no Congreso dos Deputados e Portavoz do Grupo Confederal na Comisión de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, Yolanda Díaz, envioulle hoxe unha carta ao Ministro de Enerxía, Álvaro Nadal, para expresarlle a preocupación en relación coa composición final da Comisión de Expertos sobre escenarios de transición enerxética. Díaz denuncia que dos 14 integrantes da mesma, os 14 son homes e que non se invitaron a formar parte da mesma ás organizacións ecoloxistas máis relevantes nin ás organizacións sociais especializadas en política enerxética a facer as súas propias nominacións. Pola contra, si participaban persoas destacadas, por exemplo, de Red Eléctrica de España e Iberdrola.

A voceira de En Marea manifestou que en ningún caso se xustifica que unha comisión de expertos estea formada só por homes. Nin representa a realidade social nin a do propio sector enerxético. E nin tan sequera debería xustificarse a necesidade de emendar esta situación.

Por estas estas razóns Yolanda Díaz proponlle na carta enviada esta mañá ao Ministro de Enerxia, a posibilidade de abrir un diálogo cos grupos parlamentarios con representación no Congreso para redefinir a composición da comisión de expertos, garantindo a presenza de mulleres e de representantes elexidos directamente polas ogranizacións sociais.