En Marea denuncia a falla de interese da Xunta por sacar a Galicia do primeiro posto en destrución de emprego e precariedade laboral

O portavoz de En Marea, Luís Villares, preguntou ao presidente, Alberto Núñez Feijóo, pola súa valoración dos pésimos datos da evolución de emprego desde a súa chegada ao Goberno galego.
Publicado por o día 26/04/2017 na sección de Emprego,En Marea,Política,Vigo

En Marea denuncia a falla de interese da Xunta por sacar a Galicia do primeiro posto en destrución de emprego e precariedade laboral

En Marea preguntou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pola súa valoración da pésima valoración da evolución dos datos do paro de todo o Estado español con 103.000 ocupados menos e 38.000 desempregados máis nas dúas lexislatura do seu executivo. O portavoz de En Marea, Luís Villares, non só fixo referencia aos datos oficial desta pésima evolución senón que sinalou tamén a precariedade como outro dos grandes problemas laborais no noso país. Os últimos datos de creación de emprego reflicten que o 95 por cento dos novos contratos son temporais fronte ao 5 por cento indefinidos, o dobre que a media do Estado, e que  evidencia que a precariedade e a única saída laboral que ofrece o Goberno galego.

Unha precariedade e unha destrución de emprego que afecta a todos os sectores. Así no primario perdéronse o 20 por cento de empregos, no industrial o 17 por cento o que supón 35.000 persoas menos, duplicando novamente a media estatal.

O portavoz de En Marea acusou ao PP de non ter preocupación polo emprego non noso país como queda demostrado ante a baixa execución das partidas destinadas á políticas de emprego. “Cos datos que ten o noso país é inaceptable que se deixen millóns de euros sen gastar en emprego. Igual é que están aforrando para lle pagar a fianza ao señor Ignacio González“ comentou Villares durante a súa quenda de réplica na sesión de control ao Presidente.

“Non condene aos traballadores de Ferroatlántica para pagar favores a Villar Mir“

Ante estes datos, o portavoz de En Marea preguntou ao presidente da Xunta de Galicia se a súa política industrial pasa por “devolver os favores a Villar Mir“, imputado polo financiamento ilegal do Partido Popular. “Era inexplicable a ambigüidade con relación a Ferroatlántica agora sabemos porque“ salientou Villares, “tiñan que devolver favores polo financiamento ilegal do seu partido“. O portavoz de En Marea lembrou que os traballadores e traballadoras posicionáronse de xeito unánime en contra da intención da empresa de vender as centrais e das autorizacións que a Xunta de Galicia quere autorizar.

“Non escape para xustificar a súa posición en favor ás intencións da empresa falando de convenios asinados fóra xa que ten competencia para rexeitar a segregación das centrais e polo tanto está nas súas mans garantir o emprego na comarca da Costa da Morte ou condenalos para pagar favores aos que financian ilegalmente ao seu partido“ manifestou Villares. “Perdemos 35.000 empregos industriais e non queremos perder 500 máis e para iso é preciso non autorizar a segregación“ concluíu o portavoz de En Marea.