En Marea denuncia que máis de 500 mil fogares están sendo vítimas da “estafa silenciosa das compañías eléctricas”

Publicado por o día 23/05/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea denuncia que máis de 500 mil fogares están sendo vítimas da “estafa silenciosa das compañías eléctricas”

En Marea propón no Parlamento Galego que a Xunta protexa os dereitos dos consumidores eléctricos galegos diante das agresivas campañas das empresas eléctricas que, sen informar correctamente aos seus clientes, están cambiando tarifas e pasando aos clientes ao mercado libre, un mercado que non se acolle ás regulacións do Ministerio de Industria e Enerxía.

Francisco Casal dixo no Parlamento de Galicia que en Galicia hai “máis de 500 mil fogares que non coñecen que están no mercado libre nin que tarifa teñen contratada e son vítimas da maior estafa silenciosa por parte das empresas que distribúen a electricidade”. O deputado de En marea comparouno coa estafa das preferentes e denunciou as 20.000 reclamacións que se teñen dado neste sector por parte de consumidores.

“A Xunta de Galicia pode lexislar para esixir que cada vez que se modifique unha tarifa se faga ofrecendo información ao consumidor”, insistiu Casal, que insta coa súa iniciativa á Xunta de Galicia a:

1 –  Promover unha campaña de información a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia  que advirta aos consumidores das prácticas que están a desenvolver as compañías distribuidoras de electricidade para trasladar aos seus clientes ao mercado libre.

2.- Establecer puntos de información en todalas comarcas de Galicia con actos informativos en cidades e vilas de Galicia, en coordinación cos Concellos, nos que as cidadáns podan ser asesoradas por expertos sobre a mellor tarifa e potencia contratada para o seu caso particular.

3.- Esixir ás Comercializadoras que os consumidores que renuncian á tarifa PVPC dispoñan dun protocolo regulado onde, por unha banda, confírmese a idoneidade dos mesmos para tomar esta decisión tendo en conta elementos tales como a idade, ingresos, etc., para que, no seu caso, sexa obrigatoria a intervención dos servizos sociais ou dunha persoa cualificada debidamente autorizada, e por outra, se explicite con detalle cada un dos dereitos aos que se renuncia e as obrigacións máis relevantes do novo contrato como: revisión dos prezos, corte de subministración, recargas ou reducións de subministración por falta de pagamento e unha comparación en €/ano considerando o consumo medio do consumidor, para o ano en curso, entre o PVPC e o contrato que se ofrece eliminando todas as promocións temporais.