En Marea denuncia que a metade das galegas e galegos só teñen un emprego precario

Manuel Lago asegura que Galicia non está xenerando novo emprego e que só incrementa as taxas de rotacións dos contratos.
Publicado por o día 07/08/2017 na sección de Emprego,En Marea,Galicia,Política

En Marea denuncia que a metade das galegas e galegos só teñen un emprego precario

O voceiro de En Marea, Luís Villares e o deputado desta formación Manuel Lago Peñas denunciaron no Parlamento de Galicia a situación de “inaceptable” precariedade na que viven unha meirande parte dos galegos. Villares e Lago explicaron en rolda de prensa que os datos do emprego en Galicia sinalan que a precariedade laboral é xa un problema estrutural e que medra mes con mes, como demostran as cifras do ano 2016, un ano no que todo o empregro creado foi de carácter temporal.

Manuel Lago sinalou que non hai “ningún motivo para o trunfalismo co que o goberno de Feijóo fala sobre os datos de emprego en Galicia porque o que está sucedendo é non ha contratos novos, hai unha rotación constante de contratos, pero non hai emprego novo”. Luís Villares

Segundo explicou Manuel Lago, un dos problemas fundamentais do mercado laboral en Galicia é que a única vía de creación emprego é “a precariedade”. Lago sinalou “Dende o ano 2013, cando cambiou a fase do ciclo económico, o número de asalariados con contrato indefinido incrementouse en apenas 2.300, mentres que os temporais o fixeron en 44.600: tan só o 5% dos novos ocupados ten un contrato indefinido e polo tanto o 95% ten un contrato temporal”. Para Luís Villares, “cambater o precariado será unha das liñas fundamentais de traballo de En Marea no vindeiro curso porque dirán que somos ilusos, pero non podemos resignarnos a esta situación na que unha traballo non permiten a quen o fai facer planes de vida”.

O deputado de En Marea sinalou que en Galicia están en precario os 204.000 galegas e galegos en desemprego e sen cobertura económica. Tamén hai considerar precarias ás 220.000 persoas que traballan baixo a incerteza dun contrato temporal. Dos contratos temporais 115.000 son homes e 110.000 son mulleres o que suñon unha taxa de temporalidade que resulta “insufrible para unha sociedade ao chegar ata o 26,7%“. Este dato é peor nas mulleres que nos homes, afectando ao 28,4% das traballadoras, tres punto por riba dos homes.

Pero onde a precariedade golpea con máis dureza é entre as persoas máis novas: o 49,5% dos asalariados menores de 35 anos ten un contrato temporal. A taxa de temporalidade vai baixando a medida que se incrementa a idade, de forma que o emprego estable parece un dereito que só teñen as persoas maiores e que levan tempo traballando e que lles está vedado aos máis novos que se incorporan ao mercado de traballo.

A temporalidade tamén afecta á Administración, “no final de 2016 había 44.000 empregados e empregadas públicas con contrato temporal, o que supón unha inusitada taxa de temporalidade do 24,5% no sector público, apenas dous puntos por baixo do sector privado. A taxa de precariedade no sector público caeu ao principio da recesión, porque o máis fácil é despedir aos eventuais, pero co inicio da recuperación volve a medrar de forma acelerada: dun mínimo do 18,5% en 2013 xa subiu 6 puntos en apenas tres anos para situarse agora no 24,5%“.

Para Manuel Lago son “precarias as 146.000 persoas que traballan por horas porque teñen un contrato a tempo parcial que na súa inmensa maioría non desexan e se teñen que resignar a esta situación porque non poden atopar un traballo a tempo completo. Unha modalidade de  precariedade crecente, especialmente no caso das mulleres que son as que máis sofren da parcialidade laboral, que inclúe a persoas con contrato temporal pero tamén indefinidos. O IGE non da o dato preciso pero utilizando como referencia o  dato do estado pódese estimar que o 55% das persoas asalariadas que traballan a tempo parcial teñen un contrato indefinido  é o resto temporal.

O tempo parcial non deixa de medrar.  Se antes da recesión apenas afectaba ao 11% do total das persoas asalariadas en Galicia ao final de 2016 a taxa de parcialidade xa está no 24,5%.