En Marea denuncia no pleno do Congreso que os orzamentos do Goberno “esquecen a Galicia”, apostan polos recortes e están ao servicio da corrupción

Por o 03/05/2017 | Sección: En Marea,Política,Vigo
En Marea denuncia no pleno do Congreso que os orzamentos do Goberno “esquecen a Galicia”, apostan polos recortes e están ao servicio da corrupción
Compartir en:

A deputada e voceira de En Marea en Economía, Yolanda Díaz, mostrou este mércores o rexeitamento de En Marea aos Orzamentos do Estado presentados polo Goberno durante o debate á totalidade no pleno do Congreso dos Deputados.

En Marea denuncia no debate á totalidade que estes orzamentos “esquecen a Galicia” e siguen apostando polos recortes. “Máis de 5.000 millóns en recortes, grazas aos socios do Goberno: Ciudadanos e o PSOE”.

“Estes orzamentos non serven para as persoas nin para o modelo produtivo e de creación de emprego. Recortan 1.300 millóns de euros en prestacións por desemprego, deixa tirados aos desempregados cando máis o precisan para rescatar á banca, esas son as súas prioridades”.

Díaz tamén denunciou os recortes en industria e enerxía. “Como van reindustrializar o país?”, preguntouse a deputada, sen resposta do ministro.

Estes orzamentos, segundo as cifras oficiais, reducen a inversión en Galicia un 32,9% respecto ao ano pasado, pasando de máis de 1.329 millóns a 891,7 e “esquecen cuestións importantes”, denunciou a parlamentar.

“Sabe que os nosos gandeiros venden a leite por debaixo do seu valor de produción? Sabe que se tivésemos outra catástrofe do Prestige estaríamos en idéntica situación, con consecuencias terríbeis?”, insistiu a deputada.

Díaz tamén denunciou a falta de recursos nos orzamentos para cuestións tan fundamentais para o noso país como o saneamento das rías. “É unha vergonza a consignación orzamentaria das Rías. Un só exemplo, a Ría do Burgo precisa 48 millóns de euros, e só destinan un millón. É un insulto”.

O sistema ferroviario galego tamén foi outro dos temas que destacou a parlamentar En Marea, pola falta de fondos para un cercanías entre as localidades galegas.

Para rematar, a deputada insistiu en que, por estas razóns, En Marea pide a devolución destes orzamentos, pero tamén aproveitou a ocasión para decirlle a Rajoy “que debería presentar a dimisión por encabezar o Goberno dos corruptos” e ao señor Montoro “que debería facer o mesmo por presentar uns orzamentos ao servizo da corrupción”.

VALORACIÓN

O voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, valorou esta mañá negativamente o discurso que “engana á opinión pública” do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro.

“Deixan atrás á cidadanía galega, abandonan o sector produtivo galego, o sector primario e as infraestruturas dunha nacionalidade histórica”.

O deputado considera que este Goberno que lidera Rajoy “sigue no camiño de facer do público un negocio” e insistiu en que “xa sabemos onde acaba o modelo económico do PP: en negocios para os amigos e miseria para a maioría social e tamén sabemos onde acaban moitos dos responsables do PP: no cárcere”.

Una respuesta para "En Marea denuncia no pleno do Congreso que os orzamentos do Goberno “esquecen a Galicia”, apostan polos recortes e están ao servicio da corrupción"

  1. Gamela   04/05/2017 at 9:55

    Os dous minutos de gloria desta deputada non serven absolutamente para nada en Galicia!

    Pero sen dúbida foron os 2′ máis retuiteados do mundo…

    Semella que temos a unha Esqueda (desunida) disposta a facer “carreira política persoal” e para iso é capaz de trepar dende AGE pasando por EnMarea e veremos ata onde chegan as artimañas da señora Yolanda (aínda lembramos a década prodixiosa dun tal Gaspar Llamazares que botou tódalas arengas do mundo dende o Congreso e viviu fantásticamente sen que o seu traballo servira para nada máis que darlle aire ao Neoliberalismo Reinante!)

    Xa non son tempos para fotografías Señora Díaz !!!
    https://goo.gl/L8xKOh