En Marea denuncia a persecución por parte de Facenda das actividades de colaboración e de boa vecindade tradicionais no agro galego

“O goberno controla máis a recollida familiar da pataca que as grandes fortunas que eluden impostos como as SICAV”, denuncia o deputado Antón Gómez-Reino.
Publicado por o día 07/12/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea denuncia a persecución por parte de Facenda das actividades de colaboración e de boa vecindade tradicionais no agro galego

En Marea denuncia a inspección de Facenda nas labores de axuda entre familiares e veciños para recoller a colleita da pataca, da uva ou do millo, como recoñece o Goberno nunha resposta á pregunta do deputado e voceiro na Comisión de Agricultura, Antón Gómez- Reino.

“No sector da agricultura e da ganadería, como no resto de sectores, realízanse todo tipo de actuacións de comprobación relacionadas coas materias que son competencia dos distintos corpos do Sistema de Inspección: emprego, relacións laborais, seguridade social, prevención de riscos laborais, migracións, cooperativas e outras fórmulas de economía social”, sinala o Goberno.

O Executivo recoñece que a finalidade destas actuacións “é a comprobación do cumprimento da normativa de orden social, que, no caso de non ser respetada, derivaría nas medidas correspondentes”, unha situación que denuncia En Marea, alegando que parece que hai unha intencionalidade de rematar co traballo comunitario.

“En Marea denuncia esta persecución por parte de Facenda das actividades de colaboración e de boa vecindade tradicionais no agro galego”, asegura o deputado.

“O Goberno controla a recollida familiar da pataca, da uva ou do millo e non as grandes fortunas que eluden impostos como as SICAV”, denuncia Gómez-Reino, que denuncia que se adique tantos recursos para controlar este “apoio comunitario e de familia no que ten que ver coa vida agrícola e gandeira”.

Segundo o Goberno, as circunstancias vinculadas a cada actuación concreta, como o caracter amistoso, benévolo ou de boa vecindade, “son constatadas polos funcionarios actuantes no momento de realizar a comprobación”.