En Marea denuncia o uso ilexítimo do poder que está a facer o PP para reducir dereitos fundamentais da xente supeditando un dereito fundamental como é a saúde

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e a deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, mantiveron unha xuntanza coa xunta de persoal do Hospital da Costa de Burela onde se puxo de manifesto as graves carencias de persoal e a clara intención do PP desmantelar o sistema sanitario público galego.
Por o 07/09/2017 | Sección: En Marea,Galicia,Política,Sanidad
En Marea denuncia o uso ilexítimo do poder que está a facer o PP para reducir dereitos fundamentais da xente supeditando un dereito fundamental como é a saúde
Compartir en:

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e a deputada de En Marea no Parlamento , Paula Vázquez Verao, reuníronse coa xunta de persoal do Hospital da Costa de Burela onde as profesionais denunciaron a grave situación que están a sufrir e que inciden de xeito importante nos usuarios e usuarias da zona da Mariña de Lugo.

O voceiro de En Marea incidiu na oposición do seu grupo contra o afastamento da prestación sanitaria da cidadanía, e a perda de calidade que está a padecer a atención primaria como se demostrou por exemplo en Cervo ou Xove onde non se cubriron as baixas nas vacacións de verán. E por último lugar, o Hospital da Costa que está sendo ampliado non remate sendo un centro baleiro senón que teña contidos e especialidades. Luís Villares salientou que En Marea loitará contra a privatización da sanidade pública que pretende impor o PP e no que está a afondar neste momento co anteproxecto de Lei de saúde. “Que a Lei da saúde atenda á saúde dos galegos e galegas que non acontece xa que se está obviando a prevención entre outras cuestións” declarou o voceiro de En Marea.

Na xuntanza co persoal incidiron na grave falla de persoal do centro poñendo exemplos como que todo o persoal de atención primaria que se xubilan non están a ser substituídos, presencia de unicamente 3 celadores pola noite no Hospital, o mesmo que cando se abriu o centro, que teñen que atender todos os servizos que se foron ampliando con quirófanos abertos pola noite, UCI saturadas, atención a partos, medicina interna con cambios posturais cada tres horas en plantas totalmente saturadas. Un traballo que evidentemente non poden cumprir e que está a provocar a paralización da actividade do centro porque “hai que esperar por un celador que non hai”.

Especialidades como anatomía patolóxica que como denunciaron desde a xunta de persoal está totalmente abandonado cun so patólogo, non os 3 que se precisarían, o que trae como consecuencia que existan probas “apiladas” que non poden saír adiante. Aseguran que só “cando hai moita presión o que fan é meter as probas nun taxi e mandalas para Monforte, algo gravísimo e perigoso xa que estamos a falar nalgúns casos de probas irrecuperables¨.

A lista de espera en especialidades como rehabilitación teñen unha lista de espera altísima cun índice de derivación á privada elevadísima como asegura o persoal do propio centro. Auxiliares de enfermería que non se substitúe, enfermeiras con cupos de ata 2.000 pacientes, derivacións a Lugo que supoñen en moitos casos que o usuario teña que empregar taxis ante a ausencia dunha comunicación adecuada no transporte público ou que a súa familia teña que se trasladar tamén a Lugo. Desde a plataforma sanitaria da Mariña destacaron a necesidade de que toda a cidadanía se sume nesta loita xa que a falla de persoal e as carencias afectan a todos os servizos, desde limpeza, persoal administrativo, médicos, enfermeiras, celadores…

O voceiro Luís Villares na xuntanza trasladou todo o apoio do seu grupo nesta loita e as súas xustas e lóxicas demandas e denunciou a actuación do Goberno do PP que está a facer un “uso ilexítimo do poder para reducir dereitos fundamentais da xente supeditando un dereito fundamental como é a saúde facendo del nun negocio”.