En Marea desminte ao grupo Villar Mir e asegura que os 285 millóns de euros de beneficios obtidos por Ferroatlántica avalan a continuidade da actividade

O portavoz de En Marea, Luís Villares, e o deputado parlamentario Francisco Casal, aseguran que o único modo de manter os postos de traballo é non permitir a segregación e instan a Feijóo a defender os interese xeral de Galicia e non “pagar os favores a Villar Mir“ polo financiamento ilegal do PP.
Publicado por o día 22/05/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea desminte ao grupo Villar Mir e asegura que os 285 millóns de euros de beneficios obtidos por Ferroatlántica avalan a continuidade da actividade

“285 millóns de euros en dez anos é a cifra do espolio, a cifra gañada por Ferroatlántica nos últimos dez anos pola produción hidroeléctrica e que non foi revertida en Galicia” e que foi revelada polo voceiro de En Marea, Luís Villares, e o deputado parlamentario Francisco Casal, na rolda de prensa ofrecida esta mañá no Parlamento de Galicia. Unha cifra que demostra que estamos ante unha operación económica en contra do beneficio xeral do noso país e dos intereses da cidadanía senón so a favor dos interese privado dunha empresa.

As contas de Ferroatlántica analizadas por En Marea demostran dúas cousas, por unha banda que o beneficio obtido pola actividade das centrais é maior do que indica o grupo Villar Mir e que non houbo ningún investimento en Galicia. E por outra banda, o máis importante, que o esencial para manter a viabilidade do emprego pasa por impedir a segregación da actividade das centrais como pretende o grupo Villar Mir.

O deputado parlamentario de En Marea, Francisco Casal, ofreceu datos concretos dos ingresos por produción enerxía 285 millóns de euros en dez anos e non se investiu nada nin nas factorías nin na comarca. Como a propia empresa recoñece ata o ano 2002, o negocio era espectacular e como explicou Casal xa que a empresa tiña unha prima pola que cobraba 95 euros por megavatio. A partires desta data suprimiuse e pasaron a cobrar 50 euros por megavatio, unha cantidade nada desprezable e que continúa a permitir uns enormes beneficios para a empresa.

O deputado de En Marea desmentiu así mesmo a afirmación da empresa cando di que as centrais non son rendibles xa que como explicou Francisco Casal “o espolio ben por dúas vías“. A primeira delas por los gastos de explotación onde veñen reflectidos 11 millóns de euros ao ano. Unha cantidade “desproporcionada e inxustificable“ para o grupo de En Marea tendo en conta que os 31 traballadores cos que conta a empresa pode ter un gasto de explotación aproximado de 1,5 millóns de euros de custe laboral que é o custe fundamental. Os 9 millóns de euros restantes irían para unha empresa que aparece como EVM “que facilmente se póde deducir que é de Enerxía Villar Mir“ e que é a que desde Madrid encargase do que é unha xestión moi sinxela e puramente financeira, e que ten un custe de 9,5 millóns de euros cando o custe razoable non tería que superar os 300.000 euros anuais.

Nas contas de explotación aparecen tamén gastos financeiros entre 7 e 9 millóns de euros ao ano pola amortización e intereses do segundo crédito solicitado pola empresa. “É como se un familiar pide que o avales para mercar unha casa e uns meses despois pide tamén que pagues os intereses e a amortización da súa casa“ explicou Francisco Casal. Así todo, todos os gastos financeiros do crédito de 120 millóns de euros dos que non se investiu un so euro en Galicia, estanse cargando nas contas de Ferroatlántica.

O anterior crédito solicitado no 2002 pola empresa de feito foi destinado ao pago da construción da Torre Espacio da Castellana que posteriormente foi vendida por máis de 558 millóns de euros a un grupo filipino. “Todo isto poden ser casualidades pero o feito é que se van interrelacionando“ apuntou o deputado de En Marea. En xaneiro deste ano, o grupo Villar Mir anuncia a construción dunha quinta Torre por valor de 205 millóns de euros. Casualidade ou non, o grupo Villar Mir na mesma data plantexa que hai que vender as centrais por 255 millóns de euros. “A dónde irán eses 255 millóns de euros vendo os antecedentes da empresa en anos anteriores?“ preguntou Francisco Casal.

“A competitividade das factorías está garantida polo baixo custe de enerxía das factorías de ferroaleación no mundo“ asegurou Casal que apuntou un custe neto aproximado de 12 euros megavatio/hora cando o custe medio deste tipo de factorías ronda os 30 euros megavatio. “Isto quere dicir que son unhas factorías moito máis económicas o que lle da un seguro de vida indefinido“ incidiu o deputado de En Marea. Incluso nun cambio de normativa na Unión Europea no que as primas de interrumpibilidade puideran estar en cuestión, no caso das centrais da Costa da Morte a súa viabilidade estaría garantida grazas ao autoabastecemento, “outra das mentiras emitidas pola compañía cando di que non pode autoabastecerse“. “Esta posibilidade está permitida e regulada pola normativa estatal e de feito de se facer o custe da explotación baixaría a metade entorno aos 6 euros megavatio“.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, apelou á responsabilidade do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a hora dar sentido ao que se entende por interese xeral polo que esixiu que “non escurra o vulto sobre a súa propia resposabilidade“.

“Cal é o interese xeral que defende Feijóo? O emprego na comarca da Costa da Morte ou devolver os favores a Villar Mir, investigado polo financiamento irregular do PP. Non se da un millón de euros a cambio de nada“ sinalou Villares. Por todo o exposto, o grupo de En Marea sostén que “Feijóo está neste momento pagando os favores a unha empresa como Villar Mir“.

En canto ao informe que supostamente avala a segregación e que din foi realizado pola Universidade de Santiago, o portavoz de En Marea que non é tal senón un informe realizado por un particular que ten nome e apelidos como é Luís Miguez, “o informante de cabeceira do Partido Popular, autor do informe que avalaba que Agustín Hernández non incorría en incompatibilidade ao pasar da pública á privada e outra vez á pública, ou autor da fusión de concellos entre Cerdedo e Cotobade ese que ignoraba que os concellos atopábanse en partidos xudiciais diferentes, ou o mesmo que realizou varios informes para Conde Roa. É necesario poñer en valor quen é cada quen“ destacou Luís Villares.

“A única forma de salvagardar os recursos naturais, o traballo e a vida para toda a unha comarca como é a Costa da Morte pasa polo mantemento da actividade vinculadas as centrais hidroeléctricas e non que o interese privado do PP permita esa segregación“ concluíu o portavoz de En Marea.