En Marea destaca a unidade popular como único camiño para derrotar as políticas neoliberais “aquí, en Francia e en todo o mundo“

O portavoz Luís Villares considera “preocupantes“ os primeiros resultados electorais en Francia xa que “a súa cidadanía terá que escoller entre unha opción mala e outra peor“.
Publicado por o día 24/04/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea destaca a unidade popular como único camiño para derrotar as políticas neoliberais “aquí, en Francia e en todo o mundo“

En Marea lamenta as “preocupantes novas“ que chegan desde Francia “posto que a súa cidadanía terá que escoller entre unha opción mala e outra peor para as maiorías sociais“ como salientou o portavoz Luís Villares.

A reconfiguración dos espazos políticos e a perda de oportunidade dunha concentración de voto insumiso as políticas neoliberais prexudica á maioría da poboación. Do acontecido en Francia, como destacou Villares, só cabe sacar unha conclusión, “o camiño da unidade popular, da suma de espazos de todos os grupos sociais, para acadar unhas políticas xustas, sociais e ao servizo da xente é o único camiño aquí, en Francia e en todo o mundo para derrotar o neoliberalismo“. “Se non somos conscientes diso, a dereita que recorta dereitos e rouba o que é de todos seguirá gobernando por moito tempo“ afirmou o portavoz de En Marea.