En Marea e CCOO coinciden en que o debate político debe centrarse na recuperación dos dereitos laborais

Luís Villares cualificou de “anomalía galega” as cifras do paro publicadas debido á peor evolución que vén rexistrando o dato galego perante o estatal nos últimos balances.
Publicado por o día 03/06/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea e CCOO coinciden en que o debate político debe centrarse na recuperación dos dereitos laborais

Esta mañá o novo secretario xeral de Comisións Obreiras Galicia deu inicio con En Marea a unha rolda de contactos cos diferentes grupos parlamentarios e forzas sindicais galegas para crear unha estratexia conxunta que permita dar unha resposta unitaria que permita recuperar os dereitos dos traballadores e traballadoras.

Ramón Sarmiento amosouse convencido de que a “colaboración das forzas sindicais con este Parlamento é a forma máis efectiva para que a clase traballadora, que o está pasando realmente mal a pesar do escenario da recuperación, se convirta no elemento central do debate parlamentario, pois temos a sensación que non está sendo o elemento mobilizador da vida política na nosa comunidade”.

O secretario xeral de CCOO-Galicia referiuse á “campaña de prensa sistemática” orquestada por Feijóo para non recoñecer “que as cousas non van tan ben” e adiantou unha posición de lealdade da forza sindical con todos os que están tendo algo que ver

Luís Villares lembrou que “dende a propia construción de En Marea como espazo político levamos tentando establecer un discurso que lle dea prioridade á defensa dos dereitos das maiorías sociais”, polo que saudou positivamente a estratexia de procurar a unidade sindical de cara a recuperalos.

“Cremos que é o momento de que o Parlamento tome a iniciativa na recuperación dos dereitos en función da pulsión da rúa, que está moi clara, a xente quere traballar e quere traballar con dignidade”, reivindicou o voceiro de En Marea, pois  “foron os traballadores e traballadoras as que pagaron unha estafa, chamada crise, que non ocasionaron.

A “anomalía galega” dos datos do paro

Luís Villares tamén valorou os datos do paro publicados hoxe como a “anomalía galega” do emprego, “pois comprobamos que o diferencial entre os datos de Galicia e o Estado non para de medrar”, apuntando á redución do paro en España nun 3,13%, mentres que o dato galego se reduce a un 2,44%.