En Marea e o grupo confederal relanzan a iniciativa sobre a eutanasia e rexistran unha ambiciosa emenda á totalidade

Por o 09/05/2017 | Sección: En Marea,Política,Vigo
En Marea e o grupo confederal relanzan a iniciativa sobre a eutanasia e rexistran unha ambiciosa emenda á totalidade
Compartir en:

O Grupo Parlamentar de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea formalizou o rexistro no Congreso dunha ambiciosa emenda á totalidade co texto alternativo á Proposición de Lei de dereitos e garantías da dignidade da persoa ante o proceso final da súa vida que o Pleno da Cámara Baixa tomou en consideración o pasado 28 de marzo a proposta de Ciudadanos.

En Marea entende que a proposición de lei (PL) de Ciudadanos tomada en consideración “non aporta case nada, como tampouco o fai a rexistrada polo PSOE fai uns meses”, de aí que se plantexe unhas “bases xerais de dereitos no ámbito dos coidados paliativos, introducindo a sedación paliativa nestes dereitos coas indicacións clínicas pertinentes”

O texto da emenda establece que os “requisitos precisos para que se garantice unha cobertura universal dos coidados paliativos, atendendo demandas da sociedade civil neste ámbito como a de garantir a asistencia no domicilio os 365 días e as 24 horas”

En Marea cumpre o seu compromiso, cando dixemos que “este grupo non se iba a rendir con esta lei, porque a sociedade está preparada e está sendo demanda”, asegurou a deputada Ángela Rodríguez.

En contra da PL deste grupo, o PSOE e Ciudadanos aunaron forzas co PP para tumbar esta iniciativa, que pedía legalizar a eutanasia.

Ante esta situación, o grupo confederal elaborou este “completo e actualizado” texto alternativo dado que “a sociedade reclama algo maís que unha lei na que só se recoñezan dereitos que xa recollen lexislacións de fai máis dunha década. Ademais, é preciso seguir ampliando a base de dereitos e liberdades da poboación, algo que pasa por retomar a iniciativa da regulación da eutanasia e o suicidio médicamente asistido”.

“A proposión de lei de Ciudadanos non aporta case nada, como tampouco o fai a que rexistrou o PSOE fai uns meses. O marco lexislativo actual que estableceu a lei 41/2002 e os desenrolos legais e normativos posteriores a nivel autonómico fan que a día de hoxe o acceso aos coidados paliativos non sexa un asunto de leis, senon de políticas e de recursos”.

A nova proposta que lanzamos plantexa unhas “bases xerais de dereitos no ámbito dos coidados paliativos, introducindo a sedación paliativa nestes dereitos coas indicacións clínicas pertinentes”.

“O obxectivo é que se alcance un amplo consenso que permita avanzar nas demandas máis importantes que esixe a cidadanía”, asegurou a parlamentar.

En Marea invita ao resto de grupos parlamentarios a “que de verdade entendan a demanda real da sociedade para que se regule a eutanasia” e a que “se unan a nós para comenzar unha regulación conxunta e sosegada que inclúa ao Estado entre aqueles que recoñecen este dereito”.