En Marea elabora cos colectivos feministas e en defensa da igualdade a pregunta que o grupo formulará ao Presidente da Xunta

O grupo reuniuse esta tarde con representantes das Mareas locais, a deputada de En Marea no Congreso, Ángela Rodríguez, a senadora de En Marea, Vanessa Angustia, e representantes dos diferentes colectivos sociais do país para entre todas establecer unha resposta conxunta que permita acabar coa violencia de xénero nunha loita que se ten que dar desde todos os ámbitos .
Publicado por o día 23/12/2016 na sección de En Marea,Política,Social,Vigo

En Marea elabora cos colectivos feministas e en defensa da igualdade a pregunta que o grupo formulará ao Presidente da Xunta

En Marea mantivo esta tarde diversas xuntanzas con concelleiras das Mareas, a deputada de En Marea no Congreso, Ángela Rodríguez e a senadora de En Marea, Vanessa Angustia, co obxectivo de establecer unha resposta unitaria a violencia machista. Neste sentido En Marea centrará todas as súas propostas e iniciativas do vindeiro pleno do Parlamento de Galicia na defensa da igualdade e a loita contra a violencia machista. A deputada de En Marea, Paula Quinteiro, destacou que a violencia machista “é un problema estrutural que nos afectan a todas en diferentes graos, sendo os asasinatos o punto máis cruento pero todas en diferentes puntos das nosas vidas sufrimos algunha manifestación da violencia machista que quedan moitas veces silenciadas“.

En Marea sabe que para acabar coa violencia machista non serve unicamente co traballo institucional e é preciso contar cos diferentes colectivos feministas e con todas esas mulleres que saen a rúa a loitar e defender os dereitos das mulleres e a igualdade. Por este motivo, En Marea reuniuse tamén esta tarde con representantes de diferentes colectivos feministas para recoller as súas propostas e establecer conxuntamente unha estratexia e liña a seguir para loitar contra a violencia machista. “É preciso loitar desde as institucións pero tamén desde a rúa, desde o ensino, desde os medios de comunicación, desde todos os ámbitos para acabar cunha situación intolerable. Querémonos vivas e non queremos que nin unha soa muller máis poda ser asasinada no noso país“ afirmou Paula Quinteiro.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, pola súa banda destacou o feito de que a vindeira pregunta que o grupo de En Marea fará ao presidente da Xunta de Galicia será tamén en relación a violencia machista pero que será unha pregunta elaborada polos propios colectivos de mulleres que traballan pola igualdade e pola dignidade na nosa sociedade. En Marea quere que a xente sinta como propia a pregunta, a interpelación que se fai ao presidente da Xunta de Galicia, como propia e por este motivo, na xuntanza desta tarde cos distintos colectivos recolleuse a pregunta que elas mesmas marcaron para dar forma á vindeira pregunta de En Marea ao Presidente na sesión de control no Parlamento de Galicia.

Uns orzamento de Pontevedra máis xustos grazas á Marea de Pontevedra

No encontro cos medios o portavoz de En Marea valorou como moi positivo o acontecido esta mañá no Concello de Pontevedra con motivo da aprobación do orzamento municipal. Villares destacou ao respecto que Marea de Pontevedra conseguiu colocar no centro do debate as políticas socias para o Concello de Pontevedra. As emendas presentadas e que foron admitidas finalmente polo Bloque Nacionalista Galego supoñen o que desde En Marea se entende como un xiro desde o Concello cara o que ten que ser a actuación dunha administración pública en clave de xustiza social, de dereitos da cidadanía e a mellora da calidade de vida. “Avanzar cara unha renda de social municipal mellora a calidade de vida e dereitos dos que máis o precisan, a introdución do sistema de transporte metropolitano de Galicia mellora a mobilidade da xente, e a introdución dun Centro cívico mellora a participación cidadá. Participación, democracia, dereitos sociais e calidade de vida están hoxe algo máis cerca no Concello de Pontevedra grazas as achegas de Marea de Pontevedra ao Orzamento municipal“ concluíu Luís Villares.