En Marea empraza a Fomento a chegar a un acordo e abordar dunha vez a rehabilitación do Paseo de Bouzas

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, pide o Convenio asinado en 1997 entre as tres administracións e lamenta que se adiquen a pasarse a pelota unhas a outras mentras os veciños sofren o deterioro do Paseo.

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández Gómez, presentou unha iniciativa parlamentar dirixida ao Ministerio de Fomento para emprazalo a poñerse dacordo co concello de Vigo e con Zona Franca co obxectivo de abordar dunha vez a necesaria rehabilitación do Paseo de Bouzas.

A deputada de En Marea tamén solicitou ao Ministerio o Convenio asinado en 1997 entre o concello, a Autoridade Portuaria e Zona Franca. Alexandra Fernández denuncia o mal estado do paseo peoníl de Bouzas, construido pola Autoridade Portuaria en 2010 e que sofre un importante deterioro, até o punto de que se teñen producido caídas e accidentes.

“A veciñanza quer solucións non debates interminábeis”

A parlamentar de En Marea salienta que “se trata dun paseo moi frecuentado polos habitantes da zona e de Vigo e que se emprega para facer exercicio ou como zona de esparcimento”. Fernández asegura non entender como “algo tan sinxelo e que non implica grandes investimentos, pode converterse no conto de nunca acabar. Resulta desolador que algo tan simple leve a debates interminábeis. Discusións e administracións pasándose a pelota desde hai tempo mentras o firme empiora”.

Alexandra Fernández quer que o Ministerio aclare a situación, que as tres administracións se poñan en contacto e se remate o tema cunha reforma do paseo. “Non é posíbel afrontar esto desde unha perspectiva máis construtiva?”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM