En Marea contra o ERE de EXTEL que pretende despedir máis de 200 traballadores no seu centro

Antón Sánchez: “Non se pode consentir que máis do 50% dos despedimentos da empresa a nivel estatal sexan en Galicia”
Publicado por o día 29/09/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea contra o ERE de EXTEL que pretende despedir máis de 200 traballadores no seu centro

Os deputados electos de En Marea Antón Sánchez, Manolo Lago e Pancho Casal participaron esta mañá na concentración convocada polos traballadores e traballadoras de EXTEL diante do Edificio Proa da Coruña, contra un ERE que prevé a redución de 205 postos de traballo na sede docontact center na cidade.

“Estamos apoiando ao sector dos teleoperadores, o que mellor simboliza o modelo de precariedade, de recorte dos dereitos laborais e de represión sobre os traballadores que se mobilizan defendendo os seus dereitos”, denunciou o deputado electo de En Marea Antón Sánchez, que engadiu que “non se pode consentir que máis da metade dos despedimentos de EXTEL sexan en Galicia”, pois o 58% das baixas que a empresa plantexa para o conxunto do Estado son do plantel da Coruña. “En Marea esiximos  dereitos e futuro para os traballadores e que os todo o mundo poida ser atendido en galego neste país”, concluíu Sánchez.

O presidente do comité de empresa, David Doural, confirmou que o centro da Coruña é o máis afectado polo ERE de EXTEL. “Máis da metade dos despedimentos vanse executar na nosa plataforma. Nós traballamos para Movistar, que argumenta que as chamadas van descender a partir de decembro, algo totalmente falso. O que pretenden é ou ben deslocalizar o servizo a países nos que os traballadores lles saen máis baratos ou ben facer unha deslocalización interna para darlla a outro proveedor. Dende o comi´te de empresa chamamos á unidade e a mobilidade da cidadanía porque este ERE é inmoral, non hai causas e Movistar é o culpable de todo”, sinalou o presidente do comité de empresa de EXTEL na Coruña.

En Marea manterá unha xuntanza co comité de empresa de EXTEL o vindeiro mércores, 5 de outubro ás 17h no local da Marea Atlántica, para atender as reivindicacións laborais dos traballadores e reafirmar o seu compromiso coa situación do sector.