En Marea esixe ao goberno en funcións da Xunta de Galicia que medie no conflito laboral dos traballadores de Extel que pretende acabar con 205 empregos cun ERE inxustificado

Publicado por o día 06/10/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea esixe ao goberno en funcións da Xunta de Galicia que medie no conflito laboral dos traballadores de Extel que pretende acabar con 205 empregos cun ERE inxustificado

O portavoz de En Marea, Luís Villares, os deputados electos Antón Sánchez, Manolo Lago, Luca Chao e Pancho Casal, e os representantes da Marea Atlántica, Loli Prieto, Rocío Fraga e Carmen Castro, mantiveron unha xuntanza esta tarde cos traballadores e traballadoras de Extel no local da Marea Atlántica da Coruña.  Tras o encontro, Villares denunciou a inxustiza do ERE presentado pola empresa co que pretende a extinción de 205 postos de traballo alegando baixada de chamadas que non está xustificada.

Por este motivo, o portavoz de En Marea esixiu á empresa que reconsidere a decisión e exisiu ao goberno en funcións da Xunta de Galicia como ao resto de Institucións competentes que tomen cartas no asunto para lograr unha mediación que cambie esa situación.

Así mesmo instou á cidadanía a sumarse a mobilización que terá lugar mañá na Coruña ás 20.00 horas en apoio aos traballadores e traballadoras e animou á cidadanía a pensar que a esixir o mantemento da calidade por parte das empresas de servizos debe estar asociado a unha atención de calidade, tanto no relativo as condicións laborais dos traballadores como a poder ser atendidos na nosa lingua.