En Marea esixe a Fomento que concrete o “plan reforzo” da liña Ferrolterra-A Mariña e que remate “coas mentiras sobre Feve”

O portavoz de En Marea amosa a “fartura dos habitantes de A Mariña, de Ferroltera, de Ortegal que no 2018 continúan co mesmo panorama de trens que non viaxan, avarías, demoras, ou frecuencias inadecuadas”
Publicado por o día 26/01/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea esixe a Fomento que concrete o “plan reforzo” da liña Ferrolterra-A Mariña e que remate “coas mentiras sobre Feve”

O portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, esixe ao Ministerio de Fomento que remate “dunha vez coas mentiras e os plans pantasma sobre o deterioro enorme que sofre a liña de ancho métrico Ferrolterra-A Mariña-Asturias e concrete o denominado Plan de Reforzo se é que existe”.

Anuncios que xamais se materializan


O voceiro de En Marea lembra que en decembro pasado houbo unha xunta entre representantes de Renfe, da Xunta e dos concellos de Moeche, Ferrol e representantes da Mancomuidade de Municipios de A Mariña para aborda a situación da liña e as frecuencias. “En que se materializou esa xunta? Asumiu xa Renfe algún dos compromisos de mellora alí explicitados?”, pregunta Miguel Anxo Fernán Vello que lembra que no 2018 “todo segue igual na liña da antiga Feve na Mariña”.

“Os usuarios continúan a padecer as deficiencias e os problemas de sempre que incluso van a pior. Trens que non viaxan, avarías, demoras, sen frecuencias axeitadas ás necesidades de movilidade, e sen que se reforce o personal. Este é o Plan de Reforzo do Ministerio, que Feve esmoreza até desaparecer”, enfatiza.

Ademáis, o Fernán Vello pregunta a Renfe se finalizou o estudo encargado sobre os usuarios do tren na Mariña. “Cales son as conclusións?”. Neste sentido, afirma que “difícilmente se pode incentivar o uso do transporte ferroviario, máis ecolóxico, se o panorama é o que temos na liña de ancho métrico en Ferrolterra e A Mariña”.

Para Miguel Anxo Fernán Vello “a historia desta liña necesaria en comarcas como A Mariña que carecen de tren, é a historia dos recortes, das promesas incumpridas, da propaganda, dos constantes descensos nos orzamentos e do abandono absoluto”. O deputado lembra “a multitude de iniciativas rexistradas no Congreso sobre esta conexión ferroviaria e as respostas do Ministerio anunciando Plans que nunca se materializan en nada. A noticia neste tema sería ver que Fomento empeza a facer algo do que promete”.

“Qué melloras vai realizar no material rodante? Que investimentos vai facer neste ano nesta liña? Vai aumentar os servizos e as frecuencias? Vai reforzar a plantilla de interventores e personal de estación?”, son algunhas das preguntas que formula ao Ministerio.