En Marea esixe á Medio Rural que pague aos docentes que impartiron cursos de formación continuada no agro e levan un ano esperando

A deputada de En Marea, Paula Quinteiro, levou a pleno o tema despois de que o Goberno galego se comprometera en comisión a efectuar os pagos, compromiso que dous meses despois segue sen cumprir
Publicado por o día 25/05/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea esixe á Medio Rural que pague aos docentes que impartiron cursos de formación continuada no agro e levan un ano esperando

A deputada de En Marea, Paula Quinteiro, denunciou en pleno o intolerable retraso no pago aos profesionais docentes que impartiron os cursos dentro do programa de formación continuada do agro galego. Un retraso que supera xa o ano xa que os cursos comezaron en marzo do pasado ano sen que a día de hoxe non só non cobraran polo traballo realizado senón que como eles mesmos denuncian non teñen ningún tipo de interlocución coa Consellería de Medio Rural.

O grupo parlamentario levou a pleno esta cuestión dous meses despois de debater a mesma en comisión onde o Goberno galego comprometeuse a solucionar o tema coa máxima brevidade. Dous meses despois todo segue igual. “Se estamos na lexislatura do rural como di Feijóo, demostren que é así e paguen aos traballadores polo seu traballo“ reclamou Paula Quinteiro quen tratou de sacar, sen éxito, da Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, unha data e un compromiso concreto para a realización destes pagos.