En Marea esixe responsabilidades políticas pola xestión dos lumes e un pacto polo territorio

Publicado por o día 22/10/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea esixe responsabilidades políticas pola xestión dos lumes e un pacto polo territorio

“Galicia viviu o seu domingo negro sfrimos o abandono e absoluta incompetencia e abandono da Xunta de Galicia. Foi a cidadanía organizada a que cos seus propios mans defendeu o ben común. Queremos denunciar hoxe o abandono que sufrimos todas e todos na fin de semana, onde se afundiu o Estado e emerxeu a nacion, ante a imposibilidade da Xunta de atender unha emerxencia que é consecuencia dun sistema forestal, dun medio rural totalmente desordenado.

“Queremos denunciar que durante toda a semana Xunta non foi quen de atender a poboacion desasitida durante a fin de semana, non foron capaces de coordinar un sistema de protección civil e de emerxencias para atender á poboación durante toda a semana, non foron quen de contactar cos concellos máis afectados para achegar solucións o parquete de medidas non abonda para restaurar o equilibrio forestal”

“Esta manifestación quere facer unha chamada de futuro para o país, necesitamos un plan de carácter forestal e agrario , un pacto polo territorio que cambie o paradigma polo territorio, isto non é unha cuestión de incendios no vran, os lumes chegaron ás cidades, afectando á vida de todas as persoas.”

“Un medio rural vivo, unha ordeancion non especulativa do medio rural, leis que teñan en conta unha riqueza ambiental sostible para o ano que vén, o curso que vén, non nos resignmaos ao abandono do PP, se a Feijóo lle quedaba algo de reputación queimouna.

Debe haber responsablidades políticas, os representantes políticos foron escolidos para apagar lumes e atender sistuacións de emerxencia e non o fixeron.”

Declaracións de Yolanda Díaz: 

“No Congreso presentamos a comparecencia de tres ministerios: a ministra de Agricultura, Defensa e Interior para rendir contas en relación ao dispositivo nos incendios de Galicia”.

“Vaise presentar no Congreso unha interpelación sobre a carencia de política forestal en Galicia e denunciar a política nefasta que ten que ver co eucalipto”.

“Estamos pedindo a prohibición para que nunca máis teñamos eucaliptos en Galicia. Queremos seguir a senda de Portugal para impedir que o proceso productivo estea vencellado a ENCE, que está causando danos tremendos”.

“Esiximos políticas activas no mundo rural e, como propón o noso grupo, mudar a lei de montes. As ambiguedades normativas da lei de montes permiten o negocio do lume.”

“Seguiremos defendendo a Galicia e outra política forestal.”