En Marea esixe a retirada da Lei de saúde porque só servirá para empeorar a atención sanitaria

En Marea considera que sairá prexudicada directamente a atención primaria e que, na práctica, suporá unha privatización da investigación sanitaria.
Por o 11/08/2017 | Sección: En Marea,Galicia,Política,Sanidad
En Marea esixe a retirada da Lei de saúde porque só servirá para empeorar a atención sanitaria

En Marea esixirá  retirada a Lei de Saúde de Galicia que propón o goberno galego ao considerar que provocará unha “peor atención sanitaria” e tamén un desequilibrio segundo a residencia dos pacientes. Luís Villares, voceiro de En Marea, pediu a retirada deste texto e propuxo a redacción dunha nova lei na que, entre outras cousas, se ampliasen as áreas sanitarias das 11 existentes agora ata chegar a 14, en lugar das 7 que propón da lei da Xunta.

O primeiro punto no que o voceiro de En Marea fixo fincapé foi no momento en que o PP fai a proposta da nova lei: “no medio de agosto e facendo pasar como que non ten importancia, contando con que os afectados teñen menos capacidade de mobilización nestas datas”.

En Marea esixe que se retire esta lei e que se faga unha alternativa. Os motivos explicados por Luís Villares para esta esixencia son o “o empeoramento da calidade na asistencia santiaria que suporá”, “o desequilibrio que creará entre os habitantes das cidades galegas e o resto da poboación” e tamén os cambios de criterios para a atención. Neste sentido, Villares explicou que no texto da lei anterior se explicaba que o mapa sanitario de Galicia se comporía “segundo as necesidades sanitarias”, pero no texto que agora propón o goberno este criterio está cambiando por “segundo os recursos dispoñíbles”. Para Villares, este cambio é “mois significativo e explica cal é a intención do PP coa nova lei”.

Villares destacou a importancia das áreas sanitarias e por qué o seu recorte vai supoñer unha rebaixa na calidade da atención. As 7 áreas que pretende establecer a Xunta coa nova lei quedan organizadas arredor dos hospitais das cidades “co que queda en evidencia que as galegas e galegos que non vivan xunto ás cidades terán unha atención sanitaria peor”.

Concentrar as áreas nas cidades tamén suporá un empeoramento “da atención primaria, que será a gran prexudicada coa esta nova lei, porque os recursos estarán concentrados tamén nas cabeceiras destas áreas”. Neste sentido Villares sinalou que a nova lei “ten unha intención claramente economicista e non ten en conta as necesidades das galegas”. Engadiu o voceiro de En Marea que nin sequera ten en conta “as necesidades de desenvolvimento do interior e do rural porque mentres fai propaganda co rural galego déixao sen servizos que sirvan para fixar a súa poboación”.

Hai máis criterios que se descartan da lei anterior e que o novo texto deixa de lado. Na organización territorial da sanidade anterior tíñanse en conta criterios como o lugar de traballo, a dispoñibilidade de transporte público, o sistema de comunicións de cada centro de saúde coa contorna. Todos estes criterios desaparce agora para deixar, na práctica, un único criterio que é de carácter económico e que suporá unha maior dificultade das galegas para obter a atención sanitaria que precisan.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.