En Marea esixe unha solución política para o Sáhara Occidental

A Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara (CEAS-Sáhara) presentou hoxe a campaña #EspañaNoDescoloniza
Publicado por o día 15/11/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea esixe unha solución política para o Sáhara Occidental

A Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara (CEAS-Sáhara) presentou este martes no Congreso dos Deputados a campaña #EspañaNoDescoloniza, á que se adheriron máis de 300 persoas do ámbito da política, da cultura, da sociedade civil e do mundo académico, entre outros.

O manifesto presentado solicita ó Goberno (que durante o mes de decembro asume a presidencia do Consello de Seguridade da ONU) impulsar medidas en relación co contencioso administrativo do Sáhara Occidental, un dos 17 territorios non autónomos recoñecidos por Nacions Unidas e cuxo proceso de descolonización sigue sendo potencia administradora o Estado español.

O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, acompañado de outras deputadas e deputados do Grupo Confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, así como representantes de outras formacións políticas, asistiron ó acto, que contou coa presencia da delegada saharaui en España, Jira Boulahi Bah, e co presidente de CEAS-Sáhara, José Taboada. A presentación coincide cos actos de protesta con motivo dos 41 anos do Acordo de Madrid, polo que España entregou o Sáhara Occidental a Marrocos e Mauritania.

“Desde En Marea estaremos vixilantes para que o Goberno español traslade ó Consello de Seguridade da ONU unha demanda maioritaria da cidadanía galega e española. Parécenos especialmente importante que, despois de tanto esixir a presidencia do Consello de Seguridade, non poden desaproveitar esta oportunidade de intervir sobre unha débeda histórica que ten o estado español co pobo saharaui”, asegurou Gómez-Reino.