En Marea esixe á Xunta que deixe de enganar á veciñanza de Cangas e constrúa o Centro de Saúde comprometido hai catro anos

A vicepresidenta da Mesa e deputada de En Marea, Eva Solla, considerou inexplicable que o PP para xustificar o voto en contra da iniciativa de En Marea en comisión afirmase que este centro non é unha prioridade.
Por o 22/12/2016 | Sección: Cangas,En Marea,Galicia,Política,Sanidad,Vigo
En Marea esixe á Xunta que deixe de enganar á veciñanza de Cangas e constrúa o Centro de Saúde comprometido hai catro anos
Compartir en:

En Marea presentou unha Proposición non de Lei na comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia relativa ao novo Centro de Saúde de Aldán-O Hío. Na súa intervención a vicepresidenta da Mesa do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, denunciou o abandono do Plan de mellora da Atención Primaria desde a entrada do Goberno de Núñez Feijóo á Xunta de Galicia no ano 2009, provocando que ducias de centros ficarán esquecidos. A pesares disto, o Goberno mantivo a promesa de construción sobre algún deles. No caso concreto do Centro de Saúde de O Hío, no Concello de Cangas, o Goberno municipal mercou e puxo a disposición da Xunta de Galicia os terreos necesarios en O Viso para a súa construción, cun investimento público de 400.000 euros. O proxecto chegou a aparecer mesmo orzamentado pola Xunta no exercicio 2012, para desaparecer os anos seguintes, sen que este se tivese levado a cabo e incumprindo as promesas contraídas.

Catro anos despois, o centro de saúde continúa sen se construír poñendo en dúbida o compromiso do Goberno da Xunta de Galicia coa saúde das veciñas e veciños do Morrazo. Así mesmo estanse a malgastar os recursos públicos, por unha banda coa compra duns terreos que continúan paralizados, e por outra co gasto do acondicionamento das instalacións actuais.

Ante esta situación o grupo parlamentario de En Marea presentou en comisión unha proposición non de lei na que se insta a Xunta de Galicia a incluír nos Orzamentos do vindeiro ano 2017 e executar o proxecto e obra do Centro de Saúde de Aldán- O Hío.

O grupo parlamentario do Partido Popular para tentar xustificar o seu voto en contra da iniciativa de En Marea, afirmou que o centro de saúde de Aldán- O Hío non é unha prioridade para a Consellería pese a recoñecer as deficiencias sanitarias que ten que soportar a veciñanza de Cangas. Un discurso que foi cualificado pola deputada de En Marea como “inexplicable” sobre todo tendo en conta que este centro de saúde foi prometido polo propia Xunta de Núñez Feijóo no ano 2009 e ano tras ano o Partido Popular incumpriu a súa palabra.