En Marea esixe á Xunta de Galicia unha resposta clara e contundente ao Ministro de Fomento pola súa negativa a traspasar a titularidade da AP9

En Marea esixe á Xunta de Galicia unha resposta clara e contundente ao Ministro de Fomento pola súa negativa a traspasar a titularidade da AP9.
Publicado por o día 13/05/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea esixe á Xunta de Galicia unha resposta clara e contundente ao Ministro de Fomento pola súa negativa a traspasar a titularidade da AP9

En Marea esixe á Xunta de Galicia unha resposta clara e contundente ante a postura contraria ao traslado da titularidade da AP9 a Galicia manifestado polo Ministro de Fomento, Iñigo de la Serna. Días despois de que o Parlamento aprobase por unanimidade, unha vez máis, esta petición a petición o Ministro acaba de manifestar a súa posición en contra desta posibilidade o que para o grupo parlamentario de En Marea supón “unha nova estafa ao pobo galego“ como sinalaron o portavoz Luís Villares e o viceportavoz parlamentario, Antón Sánchez.

“O Partido Popular volve a tomarlle o pelo á cidadanía galega. O señor Feijóo debería dar explicacións de porque sabendo e coñecendo a postura do Partido Popular fai pasar polo Parlamento unha proposición de Lei unicamente para continuar facendo teatro e coa súa política de aparencia“ afirmou o viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez.

Feijóo unha vez máis non está a exercer como presidente do Goberno galego senón como un mero servidor submiso ao PP de Madrid. O grupo parlamentario de En Marea agarda que Feijóo rectifique e esixa que se respecte ao pobo galego e loite en voz alta e clara polo traspaso da titularidade da AP9 ao pobo galego. “Xa está ben que o PP se poña sempre do lado das empresas e que o señor Feijóo non se poña do lado dos intereses de Galicia“ criticou Sánchez.

O portavoz Luís Villares pola súa banda anunciou que o grupo de En Marea defenderá no Congreso esta proposición de Lei como tiñamos pensado e que “cada quen se retrate tamén os deputados do PP galegos en Madrid e que cada pao aguante da súa vela“. “Desde En Marea temos claro que esta é unha infraestrutura estratéxica para o noso pais e xa abonda da do espolio“ sentenciou Villares que asegurou que para o seu grupo non abonda co traspaso de titularidade senón que se pedirá o rescate para o público e iso será o que esixa En Marea “aquí e en Madrid“ e ata conseguilo non parará“.