En Marea formará parte do grupo parlamentario confederal con Unidos Podemos e En Comú Podem

Publicado por o día 28/07/2016 na sección de En Marea,Política

En Marea formará parte do grupo parlamentario confederal con Unidos Podemos e En Comú Podem

Trala negativa da Mesa do Congreso a concederlle o grupo parlamentario solicitado, malia reunir as condicións que establece o Regulamento, En Marea decidiu constituír esta tarde un Grupo Confederal coas súas forzas aliadas no resto do Estado, Unidos Podemos e En Comú Podem.

Esta alianza fraterna permitirá a En Marea superar o bloqueo político de PP, PSOE e Ciudadanos e dar resposta á realidade plurinacional do hemiciclo, ademais de actuar responsablemente coa vontade de miles de cidadáns.

O acordo con Unidos Podemos e En Comú Podem garantirá a En Marea os dereitos propios de grupo parlamentario: presenza en Xunta de portavoces, axenda diferenciada, presenza en todas as comisións, disciplina de voto autónomo, intervencións en Pleno… en definitiva, tecer acordos en pé de igualdade, funcionando na práctica como un suxeito político diferenciado con obediencia estrictamente en Galicia.

Como actor político soberano, con axenda e posicionamientos propios, En Marea diporá dunha portavocía parlamentaria autónoma, de carácter rotatorio. Alexandra Fernández será a portavoz durante o primeiro periodo de sesións,  Antón Gómez-Reino no segundo e Yolanda Díaz no terceiro periodo. Tamén contará con secretaría propia, a cargo de Ángela Rodríguez, que coordinará a acción parlamentaria das deputadas e deputados de En Marea e a súa relación dentro do Grupo Confederal.

En Marea tamén presentou hoxe un escrito de reconsideración ante a Mesa do Congreso, ao entender que o rexeitamento ao grupo parlamentario a En Marea mentres atrasan a resolución sobre Convergencia Democrática de Cataluña -que non reúne os requisitos de grupo-, é unha decisión máis política que reglamentaria e froito do inmovilismo e do modus operandi caciquil que leva anos instalado nas institucións.